viernes, 22 de marzo de 2013

Epístolas de una nereida

http://www.estebanmercer.com/portada/epistolas-de-una-nereida/


Epístolas de una nereida
La galería Lluc Fluxá expone nueve serigrafías y un libro de artista de Petronella Roca. Bajo el título “Aguaviva y el pez hibiscus temblando cintas”, se exhiben un caudal de piezas poéticas que ahondan en la dialéctica del viaje, la correspondencia, el alter ego y la insularidad.                                                                               La cuestión del viaje, se advierte tras las palabras de la artista, los títulos de las obras y las prosas poéticas del libro de artista que firma Petronella Roca con textos de Javier R. Miró de Mesa. La idea del viaje marino, el rumbo transoceánico, la odisea, aparece como leitmotiv del argumento de la serie de obras expuestas. Así se trata de representar el meta argumento que sostiene la relación visual y narrativa del que viaja y el que permanece. Siendo el primero quien experimenta las sensaciones del viaje con sus sentidos, y el segundo quien ensueña los lugares, olores, sentimientos y ausencias a través de las descripciones por carta o mensaje del viajero.                                                                              Un cierto romanticismo del viaje en forma de misivas, como aquel del lánguido Werther o el no menos interesante universo de las cartas del marino en el cuaderno de bitácora. Desde Ulises a Nemo y desde Colón a Nelson, el marino envía cartas de lo que ve y lo que anhela haciendo del viaje una experiencia plástica en sí misma y en su traslación epistolar.                                                    En esta relación dialéctica, los personajes se trasponen y se hacen entes alternos el uno del otro. El alter ego, entre el viajero y el estático, no es uno, sino que es recíproco y crea experiencias enriquecedoras de un imaginario dual en doble dirección.        Esta experiencia del viaje narrado, tiene una peculiaridad cuando ambos agentes toman como punto de referencia la isla. Una mediterránea, otra en las antípodas y entre ellas un cuaderno de fauna, flora, color y aroma relacionado con la Nereida. La artista crea aún un tercer alter ego y aparece con manto de peces, con peces como compañeros, con una zoología marina que evoca el objeto de curioso de una cámara de coleccionista. La invitación al viaje marino, al universo femenino de la Nereida y a la pieza de conversación, son algunas de las cuestiones que se encontrará el observador curioso en esta serie o suite de olas de mar, con magnífica ejecución y holgada poética argumental.
Román Padín Otero

lunes, 18 de marzo de 2013

Paloma, l´officiel en rouge, femme, Picasso



tecnoloxía impresionista







Tecnoloxía impresionista                                                                           Os acontecementos sociais, políticos, económicos e as tendencias artísticas, inflúen de xeito decisivo na evolución das modas. Ademais as innovacións tecnolóxicas son un motor axial dos trocos nas formas de vestido, nas modalidades de produción e nas inspiracións para os costureiros e xastres.                            Dúas exposicións teñen tratado a teima da influencia das innovacións tecnolóxicas no vestido e a influencia dos movementos artísticos na moda. En concreto o Fashion Institute of Technology de Nova York, abonda na relación da técnica e a moda na exposición titulada “Fashion and Technology”. E o Musée d´Orsay de París, tratou a relación entre un movemento artístico e a moda, na exposición titulada, L´impressionnisme et la mode.                                                                                               Como movemento o impresionismo ven a significar unha nova maneira de ollar cara a realidade dendeva visión do pintor. O cadro de Claude Monet, “Impression, soleil levant” de 1872, está considerado como o que aporta o nome a este estilo revolucionario. Tan revolucionario como o contexto económico e social que corresponde ó período. As dúas revolucións industriais incorporaron a máquina de vapor, a fiandeira Jenny, o tear Jacquard e as tinguiduras sintéticas, sendo todo elo decisivo para a popularización da moda. Ó mesmo tempo os cambios políticos da época, coas monarquías constitucionais e o ascenso da burguesía, crean un ambiente asemade popular. As comidas campestres, as reunións de familia, mesmo o bar do Folies Bèrgere ou o parque das Tullerías, son as teimas elixidas polos impresionistas, para reflectir o espírito dunha época de cambios. Cando un mira estes cadros cheos da vibrante luz, do xesto do momento, da fugacidade da impresión, recoñece a modernidade incipiente desa época. Non por menos a modernidade da aparencia vestida masculina e feminina, aparece asemade retratada polos impresionistas. Esas modas innovadoras grazas ó talento dos modistos e polas invencións técnicas, aparecen nos retratos de pezas de conversación realizados dende a década dos sesenta do século XIX. A dama moza cun sobretodo color crema de shantung de seda retratado por Edouard Manet no 1866. Fronte a ela a Olimpia espida. O almorzo na herba de 1865 pintado por  Claude Monet, con vestidos que parecen de algodón, batista e chifón, de saias campaniformes, mangas de pagoda e cores frescos coma o verán que retrata. Do pintor Frédéric Bazille, tamén unha reunión de familia no exterior, do ano 1867, onde os traxes gris e negro dos cabaleiros, contrastan cas cores lixeiras dos traxes das donas máis mozas e as cores sobrias das donas de mais idade no cadro. Gustave Caillebote, coas súas tintadas caseque planas, no retrato de home “No café”, de 1880. E o moi coñecido retrato de parella de Pierre-Auguste Renoir, chamado “O balancín”, do ano 1880, onde a dona leva un traxe da década axustado ó longo do corpo, sen crinolina, con polisón baixo e de cor branca complementado por lazos azuis no frontal do vestido. Todos estes traxes ou outros semellantes, e outros, acompañaban ós cadros na mostra parisina. Creando o conxunto un rigoroso análise dunha realidade de innovación técnica, nun tempo que a moda trocaba tanto como a arte. As artes alimentadas polo espírito dos tempos. A moda sendo ela mesma a pulsión dunha época.
Moda nas artes                                                                                     Se a moda da segunda parte do século XIX, coas saias con crinolina, as mangas pagoda, os garda pó, as levitas, os vestidos con polisón, a innovacións do algodón o Jacquard, foron retratadas polos impresionistas. Tamén a moda do século XX e XXI, con tódalas súas innovacións técnicas ten sido retratada por artistas e fotógrafos de moda, quen recolleron os matices máis interesantes de cada creación. As innovacións son retratadas con profusión. ¡Que diversa a retratística de academia do XIX, dun Francisco Xavier Winterhalter collendo a efixie de Sissi emperatriz ou de Eugenia de Montijo, fronte ás mulleres espidas por Manet, no almorzo na herba ou na Olimpia!. Os cambios do século XX , son retratados polos fotógrafos artistas Man Ray, Horst P. Horst, Richard Avedon. E o século XXI polos fotógrafos de moda Bruce Weber, Mario Testino ou Lamsweerde&Matadin. As innovacións do século XX, como a cremalleira, e a moda sideral coa chegada do home á lúa, aparecen en sendas creacións de por exemplo Elsa Schiaparelli ou Pierre Cardin respectivamente. A moda sideral ten representacións con tecidos de lycra, lurex, nos anos oitenta, tal e como retrataba Thierry Mugler no eido do seu universo creativo. Os deseñadores xaponeses con Issey Miyake á cabeza ou a firma DuPont, teñen feito asemade moitas innovacións en tecidos metálicos, sintéticos, que trocaron a iconografía dunha época. Actualmente son as impresións dixitais en 3D, as computadoras e as webs, as fontes de inspiración tecnolóxicas dos modistos. Jean Paul Gaultier, Gareth Pugh ou Mary Katranzou, son algúns dos que recrean o espírito dos tempos ciber tecnolóxicos nas súas creacións. Impresionismo, tecnoloxía e hipermodernidad.
Román Padín Otero

jueves, 14 de marzo de 2013

Universo Fortuny




Universo Fortuny                                                                                     España non é un país de deseñadores industriais, mais un dos mais destacables creadores de obxectos de artes aplicadas e vestimentas tecnolóxicas é español. O Spanish Institute dedica unha exposición ó universo de Mariano Fortuny y Madrazo (Granada 1871-Venecia 1949), un artista poliédrico que combinou, na súa biografía, dúas características admirables. Ser un cosmopolita nunha época de nacionalismos balcánicos e belicosos. Ademais de ser un creador multidisciplinar “avant la lettre”.                                                                                                     Era de estirpe de artistas, pola banda do pai e da nai, e logo de pasar a primeira nenez en Granada, no pasamento do pai, trasládase a familia a París, onde o mozo Mariano, estuda artes e ciencias con semellante interese. Un motivo apócrifo dunha alerxia do creador mozo ós cabalos, invita á un novo traslado de domicilio, desta volta a Venecia. A cidade da lagoa, do gótico flamíxero e da pintura barroca, fica como un leitmotiv perenne na inspiración deste creador.                                                     Venecia non é unha se non como escribía Paul Morand, hai moitas Venecias, diríamos que tantas como imaxinacións dos viaxeiros que a visitan. Sen dúbida hai estratos culturais dos séculos que acumulan culturas na urbe con mapa de pez. Estes estratos, dan en crear un estilo que non obedece ás ordes clásicas, se non que é veneciano, froito dunha mestura de orientalismo, barroquismo, excentricidade e opulencia absoluta. Venecia encerra o mais extremo de Europa, o máis fantasioso de Oriente. O futurismo máis audaz e o clasicismo máis sólido. Este calidoscopio da historia, este peneirado de cores e aromas, ten eco personalidade cosmopolita de Fortuny.                                     O europeísmo da época, tiña moito de orientalismo, pois viña subliñado polos descubrimentos arqueolóxicos, así o gusto polo vello Exipto, pola antiga Grecia, polas ruínas e o grand tour aparece reflectido nas innovacións no vestiario creado por Fortuny. Os vestidos Delphos, tiñan formas grecolatinas, e recreaban con novas tecnoloxías a fórmula dos panos mollados, dos plisados exipcios,gregos e romanos. Non se oculta a influencia nesta moda, do Auriga, escultura encontrada no fin do século XIX, e que foi visionaria para tódolos homes das artes da época. Os fulares Knossos, tiñan asemade a influencia dos descubrimentos micénicos na época. Dunha sinxeleza fermosa, reproducían as túnicas dos antigos conxuntos femininos do clasicismo. O europeismo de Fortuny, levouno a investigar e recrear tecidos continentais medievais que puña ó día con aires modernistas. Ou mesmo a revisitar o Walhalla de Wagner, en escenarios e outras fantasías.                                                                                                   O ámbito máis futurista da Venecia interpretada por Fortuny, atópase na súa manufactura de tecidos, e no deseño de lámpadas e outros obxectos, como o célebre paraugas montado en trípode con retroiluminación ou tamén no traballo como fotógrafo de Fortuny. Por contra os aires máis nostálxicos, están noutras lámpadas con nome como Sherezade, que teñen aires orientais ou na propia produción pictórica de estilo impresionista de salón, deste moi grande artista español universal.                      A mostra que arestora exhibe o universo Fortuny en Nova York, recolle un espectro, como o do baile da rosa do poeta Teófilo Gautier, cheo de aroma e encanto. Fortuny para o recordo visionario.
Román Padín Otero


A volta dos xastres                                                                                 A moda vai sempre reflectindo os acontecementos económicos, sociais e políticos do entorno. Os cambios axiais producidos na moda do século XIX , cara ó pantalón longo nos homes e as saias campaniformes das mulleres, fronte o culotte nos homes e as saias “a la française” con forma ovalada,  tentaba separar a situación do romántico novo réxime, fronte o ríxido antigo réxime. Ademais de subliñar o ascenso da burguesía e a democratización da vida coa chegada das constitucións e as monarquías constitucionais.                                                                Os cambios da moda antes e despois da segunda guerra mundial, amosaban unha situación previa de silueta austera de ombreiros e saias rectos con sombreiros surreais, fronte a unha moda opulente posterior de ombreiros redondeados, saias con metros infinitos de tecido e accesorios de grandes xoias. A guerra fixo á moda pasar do esencial ó excesivo.                                                             Na actualidade as circunstancias inflúen asemade nos hábitos de consumo e por ende na moda.   Hai cambios políticos cos esgotamentos dalgunhas democracias. Hai cambios económicos, cun retroceso nos países tradicionalmente desenrolados e a bonanza de Rusia, China ou o espertar de Brasil e India. E hai cambios sociolóxicos, coa aparición dunha inmensa clase media que extrema as súas calidades por arriba e por abaixo, con grupos de enorme capacidade adquisitiva (novos millonarios) e grupos con exigua capacidade adquisitiva (novos pobres). Todas esas circunstancias están a provocar unha bipolaridade no deseño, produción e comercialización de roupa. Con circunstancias como o aumento do prêt à porter de luxo e ó mesmo tempo o aumento das vendas de gran consumo en grandes cadeas de almacéns. Fronte ó descenso da venda de tipo medio en boutique e listo para levar de rango medio.                                                                                Pero de entre tódolos cambios un que resulta especialmente significativo é o da volta dos xastres, e sobre todo da xastrería de luxo ou moi alta gama. Os clientes dos xastres londinenses de Savile Row, son de vello coñecidos. A estes temos de engadir arestora os clientes da xastrería napolitana. Tódolos grandes grupos contan neste momento cunha liña de alta costura para homes, pois é un dos segmentos de mercado que está a crecer. A novidade internacional do relanzamento da xastrería napolitana, ten en Rubinacci, Solito, Caliendo e Napolisumisura, casas destacadas de traxes a medida para homes. As características dos traxes napolitanos, que son herdeiros da roupa dos cabaleiros ingleses en Grand Tour, son varias. Son lixeiros pola calor. Teñen ombreiras redondeadas. Remates asemade redondeados. Bolsiños fondos e materiais de alta calidade. Tradicionalmente era necesario viaxar para as medidas destes traxes, pero arestora, moitas destas empresas teñen abertas localizacións en Londres e París.                                                          A popularidade recente da casa Rubinacci, ten moito a deber ó seu directivo da derradeira xeración Luca Rubinacci, quen aparece habitualmente en medios de comunicación. E no tándem con Lapo Elkann, quen viste con asiduidade da firma, teñen conquistado o ollo de moitos clientes, que mesmo viaxan ó seu hotel con vistas a Pompeia e Herculano para ter medidas tomadas e traxes confeccionados. Roma caput mundi, Napoli caput moda.                                                                                                     París e Londres                                                                                          A sede da alta costura feminina é París, con certas casas de importancia asentadas en Roma. Canto á sede da alta xastrería masculina, contando co renacemento do feito a medida de luxo en Nápoles, sendo Italia un niño principal, os outros dous enderezos da roupa a medida para cabaleiro son Londres e París. A rúa londinense Savile Row, con firmas como  Richard Anderson, Huntsman ou Gieves&Hawkes, garanten varias características na alta calidade para home. Os remates feitos sempre a man e o emprego de lenzos volátiles no frontal das chaquetas que fan unha mellor caída, son algunhas desas características. O estilo inglés é menos lixeiro que o Napolitano, pero tamén é máis doado para os climas máis fríos.                Canto a París, os accesorios á medida son característicos das casas francófonas. A Maison Moynat, pertencente ó grupo Arnault, pon en valor as maletas e bolsos de man de alta calidade. A casa Corhtay, fai zapatos a medida que non presentan aspecto en moitos casos de levar costuras, recordando a aqueles de lenda do rei Sol. En  fin a casa Ciffonelli, orixinaria de Roma, mais asentada en París dende hai case un século, segue sendo un referente de elegancia, e ten na actualidade expansión en Rusia. Dela o propio Karl Lagerfeld afirma, que “podería recoñecer uns ombreiros de Ciffonelli dende cen metros de distancia””. Londres, París, e Nápoles, son agora a cabeza do luxo sobre medida en xastrería de home, pero non hai de esquecer que foi un americano, o Texano, Tom ford, quen puxo en moda o xastre alta gama para home hai un lustro. A medida por medida, mesmo Shakesperiana.
Román Padín Otero




Paloma durmiendo, Marie Thérese, Picasso!!!