Martin
Margiela, a moda intelectual
O mais influínte deseñador de
vangarda dos derradeiros corenta anos ven de ser suxeito dunha exposición no
Museo da Moda de Amberes (MOMU). Non é a primeira vez que este creador é
celebrado con unha exposición que conta entre outras con importantes mostras no
museo Boijmans en Róterdam, Holanda, no Museo de Les Arts Décoratifs de Paris e
no propio MOMU. Tampouco é a primeira vez que a totalidade do mundo da moda e
da arte de vangarda dirixe a súa mirada cara o traballo do visionario creador
belga formado na Academia de Belas Artes de Amberes. Pero si é a primeira vez
que se expón unha parte específica da produción de Martin Margiela, aquela que
desenrolou entre 1997 e 2003 coa empresa de bens de luxo francesa Hermés.
Baixo o nome Margiela The Hermés Years a exposición
comisariada pola directora do museo Kaat Debo repasa a até agora algo esquecida
colaboración do deseñador coa afamada e prestixiosa casa francesa de
marroquinería, moda e dende hai varias décadas tamén dedicada o chamado “estilo
de vida”. Ven sendo habitual que a empresa que conta cun sólido equipo creativo
realice convenios plurianuais con recoñecidos deseñadores para crear as súas
coleccións. Así o fixo con Jean Paul Gaultier durante varias tempadas e tamén
con Christophe Lemaire. Os anos de Martin Margiela na empresa son agora
repasados con delicadeza nesta exposición que subliña a actividade paralela que
o deseñador mantivo ó longo dos anos coa súa empresa Maison Martin Margiela e
coa empresa Hermés, por medio dunha posta en escena apoiada na cor. Para as
creacións dedicadas a Hermés o decorado é da recoñecible cor laranxa das caixas
e embalaxes da firma. Para as creacións de Maison Martin Margiela o decorado é
branco nunha cita literal á etiquetaxe branca e sen texto que levaban as
prendas do deseñador, soamente recoñecibles polas catro puntadas de fío que
ocupaban os lados da etiqueta. Ese diálogo de laranxa e branco serve de soporte
para mostrar as sutís creacións deste creador de culto.
Os aportes que ten feito Martin
Margiela e o seu equipo para ser daquela considerado tan notable son moitos e
de diversa natureza. Foi un firme impulsor do traballo en equipo até o punto de
que a cara do deseñador non era retratada pola prensa durante os anos que
dirixiu o equipo da Maison para abondar na idea do traballo colabourativo e non
no deseñador estrela.
Empregou a técnica da reciclaxe e
reutilización antes que ninguén, antes mesmo que se coñecera polo mercado esa
posibilidade máis aló das tendas de segunda man. Nos seus deseños unha
gabardina trocaba en vestido e unhas sandalias podían converterse nun chaleco.
Fixo roupas que podían ser
empregadas de diversos modos con moitos cortes, aperturas, bolsos e partes
desmontables, de xeito que unha clásica roupa de augas “trench”, podía ser en
Hermés e na Maison, unha capa, un vestido, un chaleco.
Creou un novo concepto dos desfiles
coa celebración de auténticas performances nas que empregaba modelos non
profesionais ou mesmo modelos que desafiaban os canons do sistema da moda
incluíndo donas en idade de ser aboas,
mulleres de etnias variadas e de tallas máis grandes que o frecuente.
Ademais no caso de Hermés fixo un
tratamento sutil do luxo, con prendas que aparentemente eran sinxelas e sen
ambicións pero que cumprían á perfección grazas ó seu corte e patronaxe a
función de envoltorio do corpo como se fose un pano empuxado polo vento
acariciando o corpo. As cores tamén de gran sutileza e aquí e alá pequenos
detalles de refinamento como os botóns que ían cosidos con dous buratos máis de
xeito que debuxaban o H característico logo da marca. Ou as voltas nas mangas e
nos ombreiros cheos de perfís feitos á man ou a recuperación dunha antiga
etiqueta co nome completo da marca e a localización París que xogaba nas
prendas como se fose unha peza conceptual de caligrafía.
Por todos estes motivos o mundo da
moda e o mundo da arte celebra con ledicia este aniversario que recorda unha
páxina da historia da moda tan discreta como inesquecible.
Cada home
un artista.
Na actualidade o deseñador de Maison Margiela (a empresa deixou caer o nome de pila do fundador logo da súa venda ahí un lustro) é John Galliano. O deseñador inglés era xa coñecido por unha fulgurante traxectoria ó frente da súa propia firma e tamén ó frente de Christian Dior. Non se poden esquecer tódolos espectaculares desfiles que organizou para a casa francesa durante case que dúas décadas. As modelos vestidas coma geishas para representar unha Madame Butterfly inventada, as escaleiras da ópera Garnier de París cheas de modelos vestidas como a Marquesa Casati ou as modelos chegando ó lugar do desfile montadas nun tren do lexano oeste e vestidas cuns traxes que mesturaban as plumas dos indios con sombreiros dos cowboys son algunas das memorables postas en escena que deixou para o recordo.
Sempre se explica que eses traxes artísticos están máis cercanos á roupa de teatro ou cine que á roupa de rúa, son modelos que chegan ós museos pero raramente acceden ó mercado, servindo maiormente para promocionar tódolos outros productos da marca, dende perfumes até accesorios ou marroquinería. O atractivo da alta moda ven da mán da súa natureza artística en dous ámbitos, primero na manufactura onde a alta especialización dos artesáns que realizan os traballos, dende os vestidos até os bolsos permite producir auténticas obras de arte incomparables a ningúnha outra produción industrial e mesmo cando se emprega a liña industrial para crear vestidos exclusivos é de tal tecnoloxía que troca en igualmente única.
O segundo ámbito artístico da alta moda está na creación mesma inventando traxes e obxectos nunca vistos antes que desafían á memoria en cada nova tempada.
Arestora John Galliano para Maison Margiela cumplimenta as dúas premisas de facer vestidos e accesorios de inimitable creatividade con execución artesanal única. A este traballo de excelencia para Margiela súmase outro valor que é a propia filosofía orixinaria de Martín Margiela cal é a da concepción da creatividade baseada nun certo éxito democrático, divulgativo e grupal. A célebre frase de Joseph Beuys "cada home un artista" ben serve de leitmotiv para as propostas de Margiela-Galliano, pois cada prenda é interpretada dun xeito distinto por quen a leva ó ser vestimentas intercambiables na maioría dos casos. E engadiríamos o aforismo "cada home un coleccionista" pois quen merca unha peza de Margiela-Hermés-Galliano, coida dela por sempre como se fora unha creación de arte. A arte de poñerse roupa é a arte de coleccionar roupa por medio da intelectualidade da moda de Margiela.

Román
Padín Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario