O surrealismo e
os soños
Unha exposición comisariada por JoséJiménez, no museo
ThyssenBornemisza de Madrid, trae a colación o universo do movemento
surrealista. Baixo o título “El surrealismo y el sueño”, faise repaso en case
que 170 obras axiales do movemento, da relación íntima, a amizade lúbrica, que
existía entre os creadores surrealistas e os soños.Con toda liberdade, calquera
observador que se achegue a unha obra pertencente á escena central do movemento
surrealista, encontrará referencias ó soño. Un cadro de PaulDelvaux, un collage
de André Bretón, unha escultura de HansArp, un poema de PaulÉluard, un film de
Luís Buñuel, un readymade de MarcelDuchamp, un ensaio de teoría da arte de
Salvador Dalí, teñen en xeral unha vinculación cameta linguaxe do soño. Tal é a
identidade, que de cotío expresamos que un soño é surreal ou que unha
inconexión de escenas responden a un surrealismo semellante ó sono. Tense
acadado unha identidade entre o eido de Morfeo e ó surrealismo. Esta é a
primeira vez, non obstante, que se presenta unha exposición baixo tal
leitmotiv. Varios son os
eidos, nos que se pode referir o soño dentro das obras dos artistas congregados
en torno da revista Minotaure. O interese pola figura da muller dentro dos
surrealistas, primeiro como musa e despois como membro artista activo do grupo,
subliña un primeiro capítulo. A muller adormecida, co pescozo volto cara atrás
como unha pomba, en xesto que evoca ó éxtase de Santa Teresa de Gian Lorenzo Bernini, ten incardinación no centro do movemento. Ese soño
da muller, a medio camiño entre o orgasmo, o maternal, e o relixioso, enchía os
soños e as obras dos surrealistas. No texto homónimo de Salvador Dalí, “O
fenómeno do éxtase”, refírese a esta realidade do corpo abandonado, da dona, en
orgasmo ou somnolencia propio do ámbito onírico. Esta perversa mirada,
responde, ben é certo, ó interese dos surrealistas polos textos do psicanálise
e dos soños, escritos por SigmundFreud, onde o soño, aparece como un espazo
libertador do pensamento dos individuos. Non é que soamente pensaran os
surrealistas en soños, nos corpos espidos das mulleres en éxtase sexual, pero
si respondía este feito ó ideario iconoclasta do grupo. Outro
capítulo indiciario no ideario surrealista, é de cómo as formas bulbosas, uterinas,
febles, amebas, sinuosas, refiren ó soño. YvesTanguy ou André Masson, representaban
de cotío estas formas, que traen a cita do filme “Recorda” de AlfredHitchcock&Salvador
Dalí, como unha presenza inescusable.
Os chamados, edificios corpo, son outro dos ámbitos onde aparecen os
soños. Uns edificios rescatados do movemento artnouveau, nos que as formas
sinuosas da natureza, ou do ventre materno, ou dos peitos da muller, tomaban
presenza rotunda nas edificacións e nas obras para atraer esa inconexión do
onírico a colación da obra de arte.
Os soños, non pretenden ser reproducidos na obra de arte polos
surrealistas, se non que se evocan, de xeito que creen un discurso trasposto. É
ben certo que parte do soño, a lentitude, a cesura, está tomadacomo elemento
axial da obra de arte surrealista. Todo acontece, nun tempo e unha hora
conxelados (a hora do anxelus, o enigma dunha tarde de outono).O cadro
representa ningún lugar, ningún espazo real, mesmo as perspectivas teñen unha
presenza de irrealidade dalidiana. Unha das afeccións dos surrealistas era realizar
uns collages chamados cadáver exquisito.
Iniciados por un autor nun anaco de papel, eran despois completados sen
ver o que facía o anterior por varios artistas. O xogo era un novum formal do
surrealismo, ó mesmo tempo que funciona como un exemplo do onírico na arte.
Mais alá de representar, rosas ensanguentadas no corpo espido dunha dona, ou ó
gran masturbador, practicando felatio nun avultado membro viril, o cadáver
exquisito, contén a xustaposición incoherente de imaxes, propias do soño, e
propias tamén do surrealismo. Homenaxe a
LautréamontUn readymade de Man Ray, leva por título ese nome de homenaxe ó Conde
de Lautréamont. Un escritor decadendista e maldito, autor dos “Cantos de
Maldoror”, que se converteu nunha obra de referencia para os surrealistas. Este
perverso autor, relata atrocidades varias no seu poema novelado. Todo moi
carnal, moi nocturno, moi surrealista avant la lettre. A obra de Man Ray,
recrea a frase de Lautréamont “facer xacer a un paraugas xunta a unha máquina
de coser sobre a mesa de operacións”. ¿Que criatura nace de esta fecundación
apócrifa entre entes carentes de todo poder reprodutor? Nace a poética surrealista,
un longo camiño que ocupando obras axiais de LeonoraCarrington, de
MeretOppenheim, de PabloPicasso, con animalarios sedutores, entre faunos,
ninfas ,unicornios e homes, leva hasta un porto final do onírico cunha grande
obra deMarcelDuchanmp.L´etandonné, esa cámara voyeurística, pintura
deconstruída, onde unha muller espida, aparentemente sexualizada, feita con pel
de porco, sostén unha lámpada de gas, para que ese soño se faga visible para o
camiñante. Esa realidade do corpo ecstante, sen movemento, envolto na cesura da
nocturnidade, encerra toda a esencia, do
surrealismo e os soños. A realidade dun ámbito onde o mellor amigo é
unha sombra que permite, ó artista ,alongar até o infinito o solpor da tarde,
como nun cadro de Giorgio de Chirico. Ou articular as pernas quebradas dunelefante
de Salvador Dalí. As obras ordenadas con criterio no museo Thyssen de Madrid,na
exposición de surrealismo e soño, levan a vixilia surrealista contra unha
realidade do século XXI, que ben necesitaría doutro movemento iconoclasta para
poñer remedio ó hipnotismo cultural da nosa sociedade. Surrealismo e soño, o
soño de Leda e o cisne.
RománPadín Otero
jueves, 30 de enero de 2014
sábado, 11 de enero de 2014
men fw 2014 2015
LONDRES
LONDON MEN´S FASHION WEEK, FW 2014-2015, HAS LEFT FOUR MAYOR TRENDS. EVER LASTING SAVILE ROW TAILOR´S STYLE. EVER ECCENTRIC NIGHT CLUBS, DAY ART GALLERIES STYLE. MINIMAL SPORT AND CASUAL. ALL FOUR TRENDS MEAN TO REFLECT THE MAN TO MAN 2015 ALLURE.
LONDON MEN´S FASHION WEEK, FW 2014-2015, HAS LEFT FOUR MAYOR TRENDS. EVER LASTING SAVILE ROW TAILOR´S STYLE. EVER ECCENTRIC NIGHT CLUBS, DAY ART GALLERIES STYLE. MINIMAL SPORT AND CASUAL. ALL FOUR TRENDS MEAN TO REFLECT THE MAN TO MAN 2015 ALLURE.
jueves, 9 de enero de 2014
masculino, masculino, faro de vigo 9.1.2014
O home
masculino Unha exposición no museo de Orsay, en París, fai repaso
de douscentos anos de espidos masculinos na arte. É a segunda volta que unha
mostra está dedicada integramente a aparencia e identidade do home nu. Antes,no
ano 2012 o museo Leopoldde Viena, presentou a espléndida retrospectiva, “Nudemen:from
1800 to thepresentday”, que aparece arestora nutridaaxialmente por fondos dos
museos franceses. ¿Porqué unha exposición sobre o home espido no
século XXI? Varios son os motivos que converten en actualidade esta teima. A
historia, escrita en masculino, tiña dedicado moitas páxinas á muller, a Venus,
espida. De sempre se imaxinaba a feble dona recostada sobre un leito de plumas
fronte o home, Hércules, en pé, vigoroso, loitando pola súa integridade física
de guerreiro. Inquieta que as mulleres foran máis modelos que pintoras, na
historia da arte até o século XX. E que fosen,ademais as artistas, citadas nos
anais da enciclopedia, por motivos de lascivia biográfica e non polas súas
virtudes plásticas. Dende ArtemisiaGentileschi até VirginiaWolf, as mulleres,
tiveron que loitar para escapar do groto de Venus e adentarse no mundo oficial
da cultura dominado pola masculinidade. O tempo foi colocando á muller e home
en igualdade de dereitos, e tamén en igualdade de percepción social de
capacidades civís ou mercantís. A identidade de home e muller, responde a
arquetipos varios. A aparencia de home e muller, é asemade diversa e aparece ligada
na iconografía artística dende antigo ós mitos clásicos, a tópicos dramáticos,
a valores burgueses, a perfiles de heroes ou amantes, vencedores ou vencidos...
A ironía chega da man do século XX, cando se empeza a poñer en cuestión a
virilidade do home e a feminidade da muller, coa aparición do terceiro sexo, chamado
así por filósofos como GillesLipovetsky. E que refire a unha muller e un home
novos, que combinan carácteres cruzados e fan mudar os arquetipos
clásicos. Orlando
de VirginiaWolf, unha muller que é un home que é unha muller amante. Tootsie
con DustinHoffman, un home que é unha muller con fortaleza de home. Os
movementos de women´sliberation e gayrights, fixeron o resto para considerar
necesario unha análise dos arquetipos de home e muller, na historia e na
actualidade. Así a mostra do Muséed´Orsay, trae a colación lenzos de espidos
dende JacquesLouis David e HippolyteFlandrin, até fotografías de Pierre et Gilles
e montaxes de David LaChapelle, pasando por retratos de Horst P. Horst ou
esculturas de Rodin. O leitmotiv de todos eles na mostra é saber que é un home,
cantas máscaras ten o heroe. Xa no libro homónimo do profesor Carlos Reyero do
ano 1996, se refiren medio cento de arquetipos masculinos que aparecen vixentes
na actualidade, con gran sona entre eles dos que son hipertrofia da
masculinidade. O mundo a publicidade hoxe en día presenta a un Xúpiter macho
alfa cheo de barba e pelo no corpo. E tamén dedica páxinas ós corpos delgados e
delicados dun Ganímedes. O vigor dunha amizade entre Patroclo e Aquiles,
aparece recreada en non poucas imaxes de artistas e publicidade. Así o home
entre xuventude e madurez, fortaleza e languidez, amor e amizade, gravita nun
terreo impuro de identidade. Miramos á mostra, e vemos que tódolos homes son un
home. O home so século XXI, o ideal e spleen, é o integro, aquel que fai conta
dos seus actos, mostrando a virilidade
na súa responsabilidade, como a de aquela vella institución do pater familias
romano, que era exemplo e nexo. O home, un malcriado pola historia aparece hoxe
dubitativo ante as responsabilidades de superhome da hipermodernidade, que pode
ter tantas aparencias como individuos. Todas elas igualmente virís si están
baixo o leitmotiv da responsabilidade. Ese espido e outros en París, mentres moitos
seguen cavilando sobre a súa identidade no ximnasio e nos realityshows. RománPadín Otero
jueves, 2 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)