jueves, 30 de enero de 2014

surrealismo e sono. FV. 30/1/2014




O surrealismo e os soños                                                                Unha exposición comisariada por JoséJiménez, no museo ThyssenBornemisza de Madrid, trae a colación o universo do movemento surrealista. Baixo o título “El surrealismo y el sueño”, faise repaso en case que 170 obras axiales do movemento, da relación íntima, a amizade lúbrica, que existía entre os creadores surrealistas e os soños.Con toda liberdade, calquera observador que se achegue a unha obra pertencente á escena central do movemento surrealista, encontrará referencias ó soño. Un cadro de PaulDelvaux, un collage de André Bretón, unha escultura de HansArp, un poema de PaulÉluard, un film de Luís Buñuel, un readymade de MarcelDuchamp, un ensaio de teoría da arte de Salvador Dalí, teñen en xeral unha vinculación cameta linguaxe do soño. Tal é a identidade, que de cotío expresamos que un soño é surreal ou que unha inconexión de escenas responden a un surrealismo semellante ó sono. Tense acadado unha identidade entre o eido de Morfeo e ó surrealismo. Esta é a primeira vez, non obstante, que se presenta unha exposición baixo tal leitmotiv.                 Varios son os eidos, nos que se pode referir o soño dentro das obras dos artistas congregados en torno da revista Minotaure. O interese pola figura da muller dentro dos surrealistas, primeiro como musa e despois como membro artista activo do grupo, subliña un primeiro capítulo. A muller adormecida, co pescozo volto cara atrás como unha pomba, en xesto que evoca ó éxtase de Santa Teresa de Gian Lorenzo Bernini, ten incardinación no centro do movemento. Ese soño da muller, a medio camiño entre o orgasmo, o maternal, e o relixioso, enchía os soños e as obras dos surrealistas. No texto homónimo de Salvador Dalí, “O fenómeno do éxtase”, refírese a esta realidade do corpo abandonado, da dona, en orgasmo ou somnolencia propio do ámbito onírico. Esta perversa mirada, responde, ben é certo, ó interese dos surrealistas polos textos do psicanálise e dos soños, escritos por SigmundFreud, onde o soño, aparece como un espazo libertador do pensamento dos individuos. Non é que soamente pensaran os surrealistas en soños, nos corpos espidos das mulleres en éxtase sexual, pero si respondía este feito ó ideario iconoclasta do grupo.                                                            Outro capítulo indiciario no ideario surrealista, é de cómo as formas bulbosas, uterinas, febles, amebas, sinuosas, refiren ó soño. YvesTanguy ou André Masson, representaban de cotío estas formas, que traen a cita do filme “Recorda” de AlfredHitchcock&Salvador Dalí, como unha presenza inescusable.                                                                                    Os chamados, edificios corpo, son outro dos ámbitos onde aparecen os soños. Uns edificios rescatados do movemento artnouveau, nos que as formas sinuosas da natureza, ou do ventre materno, ou dos peitos da muller, tomaban presenza rotunda nas edificacións e nas obras para atraer esa inconexión do onírico a colación da obra de arte.            Os soños, non pretenden ser reproducidos na obra de arte polos surrealistas, se non que se evocan, de xeito que creen un discurso trasposto. É ben certo que parte do soño, a lentitude, a cesura, está tomadacomo elemento axial da obra de arte surrealista. Todo acontece, nun tempo e unha hora conxelados (a hora do anxelus, o enigma dunha tarde de outono).O cadro representa ningún lugar, ningún espazo real, mesmo as perspectivas teñen unha presenza de irrealidade dalidiana. Unha das afeccións dos surrealistas era realizar uns collages chamados cadáver exquisito.  Iniciados por un autor nun anaco de papel, eran despois completados sen ver o que facía o anterior por varios artistas. O xogo era un novum formal do surrealismo, ó mesmo tempo que funciona como un exemplo do onírico na arte. Mais alá de representar, rosas ensanguentadas no corpo espido dunha dona, ou ó gran masturbador, practicando felatio nun avultado membro viril, o cadáver exquisito, contén a xustaposición incoherente de imaxes, propias do soño, e propias tamén do surrealismo. Homenaxe a LautréamontUn readymade de Man Ray, leva por título ese nome de homenaxe ó Conde de Lautréamont. Un escritor decadendista e maldito, autor dos “Cantos de Maldoror”, que se converteu nunha obra de referencia para os surrealistas. Este perverso autor, relata atrocidades varias no seu poema novelado. Todo moi carnal, moi nocturno, moi surrealista avant la lettre. A obra de Man Ray, recrea a frase de Lautréamont “facer xacer a un paraugas xunta a unha máquina de coser sobre a mesa de operacións”. ¿Que criatura nace de esta fecundación apócrifa entre entes carentes de todo poder reprodutor? Nace a poética surrealista, un longo camiño que ocupando obras axiais de LeonoraCarrington, de MeretOppenheim, de PabloPicasso, con animalarios sedutores, entre faunos, ninfas ,unicornios e homes, leva hasta un porto final do onírico cunha grande obra deMarcelDuchanmp.L´etandonné, esa cámara voyeurística, pintura deconstruída, onde unha muller espida, aparentemente sexualizada, feita con pel de porco, sostén unha lámpada de gas, para que ese soño se faga visible para o camiñante. Esa realidade do corpo ecstante, sen movemento, envolto na cesura da nocturnidade, encerra toda a esencia, do  surrealismo e os soños. A realidade dun ámbito onde o mellor amigo é unha sombra que permite, ó artista ,alongar até o infinito o solpor da tarde, como nun cadro de Giorgio de Chirico. Ou articular as pernas quebradas dunelefante de Salvador Dalí. As obras ordenadas con criterio no museo Thyssen de Madrid,na exposición de surrealismo e soño, levan a vixilia surrealista contra unha realidade do século XXI, que ben necesitaría doutro movemento iconoclasta para poñer remedio ó hipnotismo cultural da nosa sociedade. Surrealismo e soño, o soño de Leda e o cisne.                                      RománPadín Otero 

No hay comentarios:

Publicar un comentario