O home
masculino Unha exposición no museo de Orsay, en París, fai repaso
de douscentos anos de espidos masculinos na arte. É a segunda volta que unha
mostra está dedicada integramente a aparencia e identidade do home nu. Antes,no
ano 2012 o museo Leopoldde Viena, presentou a espléndida retrospectiva, “Nudemen:from
1800 to thepresentday”, que aparece arestora nutridaaxialmente por fondos dos
museos franceses. ¿Porqué unha exposición sobre o home espido no
século XXI? Varios son os motivos que converten en actualidade esta teima. A
historia, escrita en masculino, tiña dedicado moitas páxinas á muller, a Venus,
espida. De sempre se imaxinaba a feble dona recostada sobre un leito de plumas
fronte o home, Hércules, en pé, vigoroso, loitando pola súa integridade física
de guerreiro. Inquieta que as mulleres foran máis modelos que pintoras, na
historia da arte até o século XX. E que fosen,ademais as artistas, citadas nos
anais da enciclopedia, por motivos de lascivia biográfica e non polas súas
virtudes plásticas. Dende ArtemisiaGentileschi até VirginiaWolf, as mulleres,
tiveron que loitar para escapar do groto de Venus e adentarse no mundo oficial
da cultura dominado pola masculinidade. O tempo foi colocando á muller e home
en igualdade de dereitos, e tamén en igualdade de percepción social de
capacidades civís ou mercantís. A identidade de home e muller, responde a
arquetipos varios. A aparencia de home e muller, é asemade diversa e aparece ligada
na iconografía artística dende antigo ós mitos clásicos, a tópicos dramáticos,
a valores burgueses, a perfiles de heroes ou amantes, vencedores ou vencidos...
A ironía chega da man do século XX, cando se empeza a poñer en cuestión a
virilidade do home e a feminidade da muller, coa aparición do terceiro sexo, chamado
así por filósofos como GillesLipovetsky. E que refire a unha muller e un home
novos, que combinan carácteres cruzados e fan mudar os arquetipos
clásicos. Orlando
de VirginiaWolf, unha muller que é un home que é unha muller amante. Tootsie
con DustinHoffman, un home que é unha muller con fortaleza de home. Os
movementos de women´sliberation e gayrights, fixeron o resto para considerar
necesario unha análise dos arquetipos de home e muller, na historia e na
actualidade. Así a mostra do Muséed´Orsay, trae a colación lenzos de espidos
dende JacquesLouis David e HippolyteFlandrin, até fotografías de Pierre et Gilles
e montaxes de David LaChapelle, pasando por retratos de Horst P. Horst ou
esculturas de Rodin. O leitmotiv de todos eles na mostra é saber que é un home,
cantas máscaras ten o heroe. Xa no libro homónimo do profesor Carlos Reyero do
ano 1996, se refiren medio cento de arquetipos masculinos que aparecen vixentes
na actualidade, con gran sona entre eles dos que son hipertrofia da
masculinidade. O mundo a publicidade hoxe en día presenta a un Xúpiter macho
alfa cheo de barba e pelo no corpo. E tamén dedica páxinas ós corpos delgados e
delicados dun Ganímedes. O vigor dunha amizade entre Patroclo e Aquiles,
aparece recreada en non poucas imaxes de artistas e publicidade. Así o home
entre xuventude e madurez, fortaleza e languidez, amor e amizade, gravita nun
terreo impuro de identidade. Miramos á mostra, e vemos que tódolos homes son un
home. O home so século XXI, o ideal e spleen, é o integro, aquel que fai conta
dos seus actos, mostrando a virilidade
na súa responsabilidade, como a de aquela vella institución do pater familias
romano, que era exemplo e nexo. O home, un malcriado pola historia aparece hoxe
dubitativo ante as responsabilidades de superhome da hipermodernidade, que pode
ter tantas aparencias como individuos. Todas elas igualmente virís si están
baixo o leitmotiv da responsabilidade. Ese espido e outros en París, mentres moitos
seguen cavilando sobre a súa identidade no ximnasio e nos realityshows. RománPadín Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario