jueves, 24 de mayo de 2012

Tu quoque, design, 24.5.2012, Faro da Cultura


Tu quoque, design
A locución latina, que refire a “ti tamén…Bruto meu fillo”, emprégase na actualidade, non para recrear a escena letal do César de Roma, se non para negar a autoridade de quen profire un argumento. Como ironía, referir ó deseño, con un “ti tamén”, ven a significar, que aínda quen non confía ou cree non confiar, no deseño (de moda, obxecto cotiás ou pezas tecnolóxicas), atópase inevitablemente rodeado sempre, da máis recente das artes aplicadas. Dende hai tres décadas, todo ó noso redor é deseño. As moblerías trocaron por tendas de deseño. A arquitectura contemporánea trocou por casas de deseño. O interiorismo, a náutica, a creación de automóviles, motos e aeronaves, non son xa feitas por tapiceiros, nas atarazás, por mecánicos ou inxenieiros, se non por deseñadores. De xeito que, non se acaba nunca de abordar o estado da cuestión.                                                         É obvio que a calidade dos produtos amparados na tecnoloxía, onde cada forma resposta a unha causa estética ou unha función, é maior. Mais grande é tamén o seu recoñecemento no mercado. E mesmo o seu avalúo pecuniario. Pero ademáis as creacións de deseño, teñen que estar acompasadas ó tempo, respostar a unha tendencia estética maior que serva de coordenada para atopar diálogo co mercado. No seu día o grupo Memphis cos seus mobles de cores parchís, servía de contra argumento ó bon gusto impelido polo estilo racionalista e internacional. O look clochard, ou de probe, popularizado por Marithé&François Girbaud, e mesmo a “arruga es bella” de Adolfo Domínguez, servía de canal para unha actitude inconformista, logo das derradeiras estreiteces ideolóxicas dos anos setenta. Máis recentemente o éxito de Alessi, nos obxectos cotiás, debeuse en grande medida á transformación do coitá en peza museable de pop art.  
Cando se crea un obxecto de producción seriada, non somentes hai que ter en conta as posibilidades manufactureiras de orixe, se non que hai que contemplar axialmente, a tendencia que os mercados están dispostos a aparehender. A tendencia, o espírito dunha época, o estilo dun período, ten natureza académica. É dicir hai unhas circunstancias históricas que se teñen repetido dende o reinado de Luís XIV de Francia, que serven de referente para provocar cambios no gusto dun tempo. O deseño, como ciencia creacional e comercial, xurdeu masivamente dende a segunda guerra mundial. E nos acompana de xeito cotiá dende os anos sesenta. Agora é una ciencia en estado maduro que necesita de trocos.
O deseño en Galiza, atopa no sector textil un exemplo de pragmática excelencia. O noso país pasou nos derradeiros lustros da fábrica de confección ó estudo de deseño. Agora que o mercado do deseño demanda productos con singularidade formal e alta calidade de manufactura, con inspiración nos oficios tradicionais. Estase a revisitar a artesanía de Galicia, para transformala nun eiral de obxectos singulares de deseño. Imaxinen por exemplo, os humildes collares de A Toxa, feitos polas collareiras coas cunchas que elas denominan “o podre”, que teñen formas sinxelas e repetitivas. Que se poñan ó día baixo o sortilexio do espírito dos tempos, nunha campaña de manufactura-comunicación-estilismo que os convirtan nunha sorte de “xoiería de alta moda”. Alcanzando prezos elevados e popularidade de valor engadido. Iso é o que postula a irónica frase “tu quoque, design”. Un mesmo tratamento poderían ter as plantacións de camelias, trocando festas municipais en ikebana galaica do século XXI.
Noutro orde de cousas, a calidade dos novos deseñadores na nosa terra, está habitualmente encontrada coa industria e co financiamento. De feito as principais empresas do sector textil galego apoianse no versionado da moda de outros creadores e non na creación dunha propia iconografía. Singularidade ten nese ámbito a casa galega D-DUE, quen ven de desenrolar o comercio das súas coleccións na prestixiosa rede de tendas de Comme des Garçons, ti tipo do Dover Street Market. Neste caso un deseño único e dentro dunha tendencia cool do mercado, abreu o mercado xaponés a esta empresa de Rianxo.
Aínda un novo valor, o literato modisto, Gonzálo Vázquez, ven de presentar a súa nova colección de verán, cun talento e un estilo radicalmente inspirado na contemporaneidade. Unha mezcla de apariencia literaria que se pode ver na súa páxina on line cunha enorme calidade de imaxe e deseño. Pero, o esforzco creativo resulta amputado cando se refire á distribución, financiamento e producción da roupa. Todo depende do xenio do modisto. Para que o deseño resulte chave de futuro, debe ir acompanado dun plan de inspiración na tendencia da época e nun respaldo comercial e financiero.
Román Padín Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario