Éphémère
As obras de
arte máis principais na historia, estiveron creadas para perpetuarse no tempo.
A vontade principal dun mecenas ou dun coleccionista, era a do coidado e
conservación das creacións plásticas únicas que eles custodiaban, logo de ter
rematada a encomenda ós artistas. Cando nos referimos ás orixes da civilización
de occidente, nos textos mesopotámicos, estamos a citar un fito no que a
permanencia das verbas sobre soporte escrito, trocaron o sentido da cultura e
da sociedade, tendo en pasar da herdanza verbal, a aquela outra da escrita. Ese
niño de coñecemento que é a indeleble presenza das verbas, ou das imaxes, ou da
escrita ou da pictografía fixa ou móvil sobre soportes estables, ten sido a
peza axial da cultura de occidente dende o terceiro milenio antes de Cristo.
Non por ser
menor, pero sí por ser distinta, a arte efímera, aquela destinada a ser flor de
un día, soño dunha noite de verán ou fanfarria de pompa e circunstancia, era
considerada non menos importante que a arte estable, pero sí que se tiña por
accesoria. Un artista como Arcimboldo, eran convocado a facer as súas terribles
e creativas cabezas polimorfas manieristas ó mesmo tempo que, accesoriamente,
era invitado a deseñar desfiles e vestiarios para festas cortesanas. Pasando o
tempo, o recordó dese artista, ven dado sobre todo polos cadros de óleo sobre
lenzo que están nas colección reais de El Prado e noutros museos europeos, e
non tanto polo seu traballo como creador de escenografías. No caso de
Arcimboldo, unha coincidencia fonética, fixo que a súa arte éphémère, fora
convertida en memoria permanente pola edición dun libro monográfico no que se
incluían deseños do artista para fanfarrias e bailes, publicado por efemer (F.M.R.),
Franco María Ricci. O editor italiano máis emblemático dos derradeiros anos, é
un exemplo de cómo a arte efímera abonda asemade nas bibliotecas. Os arquivos
de libros, localización noutras épocas de volumes incunables e pesadas edicións
ideadas para permanecer no tempo, foron trocando últimamente en eidos dedicados
ás publicación facsimilares, periódicas ou revistas, que tiñan un forte contido
de herdanza cultural. Así a sección da hemeroteca converteuse en totalidad de
biblioteca de edicións efímeras nos anos recentes. O efímero e esencial á
cultura hipermoderna. Tanto que o noso sistema de comportamento, influenciado
polo sistema da moda, o fashion system, induce a mozos e vellos, mulleres e
homes, a trocar de actitude, sentimento e mesmo compañía sentimental, nunha
sorte de permanente cambio de colección de moda, ou permanenente efímero cambio
da educación sentimental.
Sen dúbida,
a mocedade, ese tesouro que habita na melancolía do recordo, no ouvear dun
momento, deu moita inspiración ás artes. E de seguro que a arte efímera máis
moderna, a cinematografía, tomou como inspiración en non poucas ocasións o estilo
de vida da mocedade, como eixo do existir. Recentemente o editor Luís Venegas,
reponsable de diversas publicacións como Ey Magateen! e Candy Magazine!,
reinventou a imaxe da casa Loewe, cunha campaña de publicidade que deu moita
polémica, e incluía no espectro da clásica casa de modas a unha mocedade
acomodada do Madrid máis “pijo”. Esa loubazanda da xuventude, do efímero, está
intrínsecamente relacionada coas necesidades comerciales da casa Loewe, que
precisa de novas clientas “efímeras” e non das antigas vellas grandes Duquesas
e Condesas, que xa contan no seu vestiario con todos os Loewes imaxinables. Noutra
esquina do mundo, o artista James Franco, presentou una pasada primavera unha
exposición no MOCA de Los Angeles, na que baixo o título “Rebelde”, loubaba ó
film de James Dean, no que se converteu a futilidade da vida, a presencia da morte
como un fermoso cadavre aínda mozo e a interpretación dunha obra de cine
efímera, por parte doutros artistas, como eixo para unha celebración da arte
efímera, como a vida.
Un museo de 24 horas
Outro
artista que celebrou a realidade das artes efímeras, como razón de ser na
contemporaneidade, é o italiano Francesco Vezzoli, quen creou no pasado
inverno, un museo efímero en París contando coa colabouración da Casa de moda
Prada. Durante 24 horas, o palacio de Iéna, xunto ó Trocadero, foi o lugar de
encontró dunha jet set das artes, e de numerosos visitantes anónimos. Foi unha
especie de festa con cena e baile que acollía ademáis numerosas pezas e un
concepto de instalación creado polo artista italiano. Nos nosos días, na época
da cultura do espectáculo, nada millor que convertir un espacio histórico, nunha
macro discoteca con pezas plásticas, para celebrar a arte hipermoderna do
século XXI. O estilo de Vezzoli é un crisol da conceptuación do efímero na
cultura contemporánea. As súas teimas fan variacións intelectuais lixeiras,
nunca fondas, sobre cuestións varias. Dende o universo das divas do cine até a
mestura de pornografía e música accidental. A súa plástica, caseque nunca crea,
se non que recrea imaxes e iconas creadas por outros autores antes, ou mesmo
construídos pola iconografía pop que él desvirtúa. Algo lixeiro de argumento,
suave de forma, e breve de duración, conforma a cualidade do efímero na arte do
século XXI, na arte integrada no universo da moda recreada por Vezzoli.
Román Padín
Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario