lunes, 15 de octubre de 2018
jueves, 27 de septiembre de 2018
Pink The History of a punk pretty colorful color. FV 27.9.2018
A moda en rosa.
Este outono as exposicións de moda nos museos celebran a cor rosa . Unha
mostra en Nova York e outra en Madrid miran cara o roupeiro rosa.
Valerie Steele ó fronte do Fashion Institute of Technology presenta unha
exposición na que unhas 80 pezas de roupa na gama dos rosas son despregadas
baixo o paraugas protector dun cavilado texto teórico que trata dos diversos significados
e simbolismo desa cor ó longo da historia e a través de culturas e continentes.
Adscrita coma ningunha outra cor a múltiples significados que van dende á
identidade de xénero, até o significado da carga sensual. Pasa por ser unha cor
belixerante e representativa do poder ou pacífica e símbolo de inocencia. Pode
ter forte carga ideolóxica combativa ou servir de tenue ilustración infantil. Pink: The history of a punk, pretty,
powerful Color, é unha exposición que explica de xeito argumentado todas
esas posibilidades de diálogo entre a cor rosa e o aspecto na vestimenta.
No século XVIII logo de ter recibido un colorante procedente de latino
América as cortes europeas incorporaron a cor rosa de xeito habitual para o
vestiario á francesa tanto de donas
coma de cabaleiros. Unha cor popularizada
por Madame de Pompadour que tomou loxicamente o nome de rosa pompadour, converténdose en
sinónimo de luxo, calma e voluptuosidade dunha época cortesá e galante. Non sería até mediados do século XIX
coa moda burguesa de seriedade no vestido do home realizado en cores negra,
gris, branca que o rosa quedara exclusivamente adscrito á roupa feminina. Para
os nenos empregábase de xeito aleatorio e mesmo cambiante, pois había quen
atopaba o rosa forte e o azul feble e asemade acontecía o contrario. Puñan
lazos azuis en nenas e rosa en nenos…até que sobre todo como idea mercantil
para aumentar as vendas de roupas infantís separouse o rosa para nenas e o azul
para nenos.
O século XX pasou por múltiples significados para o rosa, liberador e
gaiola. Integrador de xéneros e arma provocadora de roupa interior feminina. O
anos 1920 puxeron de moda o rosa pois do mesmo xeito que Chanel deseñaba a petite robe noire tamén facía con grande
sona a petite robe rose. Na década
dos anos 1930 a deseñadora Elsa Schiaparelli incorporou coma emblema da súa
casa de modas a cor rosa profundo, foi o chamado shocking pink. Na década dos anos 1950 cando se propiciaba o
imaxinario da beautiful house do sono
americano, o rosa aparece coma cor feble preferida para a idealización do vestido
da muller relegada a quedar na casa. O
anos 1960 empregan un rosa espacial ou sideral e progresivamente se incorpora ó
armario masculino que anda daquelas na revolución
do pavos reais a cal permite ós homes vestir lonxe do gris e preto do arco
iris.
A cultura do rock converte ó rosa nunha cor rebelde cando Elvis Presley
leva unha chaqueta rosa ou conduce un cadillac rosa, emulando ó boxeador Sugar
Ray Robinson. A música hip-hop tamén incorpora o rosa cando en 2002 o rapero
Cam´ron leva un abrigo de visón rosa ós desfiles da New York Fashion Week.
Madonna levou un corpiño rosa deseñado por Jean Paul Gaultier nos anos 1990. E
mesmo recentemente a cantante Janelle Monae canta un tema titulado Pynk.
O deseñador Yves Saint Laurent empregou o rosa ó longo dos seus 40 anos de
profesión. Igual ten feito o deseñador Valentino que mesmo ven de editar una
camiseta na que se lee pink is punk,
outorgando á cor rosa non soamente un carácter feble, feminino, infantil, se
non que se recoñecen as posibilidades de outras personalidades para unha cor
que foi moeda de troco entre sexos ó longo de dous séculos na cultura
occidental europea.
A famosa editora do Vogue Diana Vreeland afirmaba que o rosa é o azul da India pois nese país emprégase a cor de cotío
por homes, mulleres, nenos e nenas. A deseñadora Elsa Schiaparelli atopou o seu
rosa chocante nunha procedencia de China
ou Perú pero non de occidente. A cor rosa é tamén é moi popular en México
onde se fala do rosa mexicano.
Nos nosos días mozos e mozas levan de cotío roupas rosa pero con frecuencia
a cor xoga un papel iconoclasta. Rei Kawakubo para Comme des Garçons crea pezas
rosa vangardistas e rompedoras. O mesmo que Alessandro Michele para Gucci que
suma a cor rosa ó conxunto de medidas disruptivas
que emprega no deseño do novo universo da marca italiana. Hai rosa de roupa
interior, rosa da moneca Barby, rosa das mozas e mozos das tribos urbanas no
Xapón inspirados en Lolitas e personaxes manga. E hai asemade a cor rosa
empregada como instrumento LXTB para defensa dos dereitos do colectivo.
Todas as sombras de rosa aparecen representadas nesta exposición que se
acompana dun catálogo editado por Thames&Hudson. En Madrid no Museo del
Traje haberá unha exposición sobre o rosa titulada La Vie en Rose que inaugurará en novembro, cuxos contidos aparecen
como moi desexables.
A pantera, a rubia e Picasso.
Entre os empregos e interpretacións da cor rosa atopamos filmes, cadros,
esculturas, cancións, poemas…A divertida película The Pink Panther dirixida por Blake Edwards no ano 1963, converte a
un diamante rosa no eixo dunha alta comedia tan elegante coma o personaxe da
banda deseñada do que toma o nome. Na comedia musical Gentlemen prefer blondes interpretada en 1953 por Marilyn Monroe a
celebérrima rubia leva un vestido rosa de satén deseñado por William Travilla.
O traxe de gala deixa os ombreiros ó aire e luce un enorme lazo nas costas. Un
accesorio que habería de ser repetido en múltiples ocasións por Yves Saint
Laurent e pasados os anos por Viktor&Rolf na profunda cor rosa satén.
Outro divertido filme Funny Face do
ano 1957 incorporou un número musical rosa chamado Think Pink, no que unha editora de moda impele a vivir nun mundo
rosa. Rosa é asemade a cor da vida cantada por Edith Piaf dende o ano 1947 en La vie en rose, a preciosa canción que foi asemade interpretada con
grande sona por Grace Jones dende 1977. Moi popular é a época rosa do pintor
Pablo Picasso que abrangue entre o 1904 e o 1907 abrindo un século de grandioso
arte picassiano. A pique de rematar o
século XX, no ano 1983, os artistas Christo e Jeanne-Claude empregaron 603.870
metros cadrados de polipropileno tecido de cor rosa para rodear 11 das illas de
Biscayne Bay en Greater Miami , Florida, creando logo unha paisaxe artificial
flotante de profunda cor rosa.
Son asemade rosa moitas das esculturas de Jeff Koons, tódolos vestidiños de
Hello Kitty, a casa de Paris Hilton. Rosa é asemade o estilo do musculoso e
irreverente rapero, modelo e actor Candy Ken. O grupo Mecano declaraba na
canción Me voy de Casa do ano 1981
que quiero vestir de rosa y gris polo
carácter transgresor da cor. E como non había de ser menos, atopamos a cor
convertida en nome nun poema de Théophile Gautier: Je suis l´espectre de la rose/ que tu portais hier au bal (son o
espectro da rosa/que ti levabas onte no baile).
Román Padín Otero
viernes, 29 de junio de 2018
Football&Fashion vestindo a Hércules FV 28.6.2018
Fútbol e Moda
Son moitos os deseñadores que se inspiran no fenómeno de masas que é o
fútbol para faceren as súas coleccións e non son poucos os xogadores que
aparecen retratados nos medios de comunicación como auténticos fanáticos da
moda. Éstes e outros extremos do xogo entre moda e fútbol recóllense nunha
exposición que se está a celebrar en Florencia.
Fanatic Feelings Fashion Plays
Footbal celébrase
coincidindo co salón Pitti Uomo de
Florencia que é unha grande feira dedicada á moda, na que miles de empresas de
todo o mundo veñen expoñendo as súas coleccións dende hai 94 edicións e onde se
celebran desfiles, se convocan roldas de prensa e se celebran exposicións e
conferencias a redor da moda e os seus ámbitos. É unha gran cita comercial que
ten aumentado a súa influencia sobre outros ámbitos abranguendo o eido cultural
dun xeito manifesto. Daquela co gallo da cita comercial atopamos en Florencia
cada tempada destacadas novidades artísticas, musicais, literarias e de
pensamento.
Este ano coincide ademais co Mundial de Fútbol en Rusia así que a teima da
moda e o sport está aínda si cabe máis en primeira liña. A construción do
imaxinario masculino atopa un espazo principal no deporte ó redor do cal
gravitan moitos dos carácteres que de xeito tópico procuran os varóns para a
definición do seu aspecto e personalidade. Vigor, fortaleza, afán competitivo
mesmo belicoso, fortuna, beleza son algunhas das caras do heroe que triúnfa no fútbol
e por ende son o desiderátum das hordas de afeccionados e seguidores dese
espectáculo e dos seus protagonistas. Os novos Hércules coas súas doce probas
son os futbolistas.
Os comisarios da mostra Markus Ebner, fundador en Alemaña das revistas Achtung Mode e Sepp Football Fashion e o crítico de arte contemporánea Francesco
Bonami, frecuente colaborador nas salas de exposición de Fortezza da Basso, e recoñecido director de Flash Art Magazine agás de
ter comisariado mostras dende na WhiteChapel
Art Gallery de Londres até o Musée
d´Art Moderne de la Ville de Paris pasando polo comisariado da Biennale di Venezia en 2003, teñen
convocado a un heteroxéneo elenco de artistas, cineastas e deseñadores para
argumentar a súa tese sobre a definición da moda masculina da man do deporte
por medio desta mostra.
Os debuxos e fotografías de Karl
Lagerfeld director artístico de Chanel. creador interdisciplinar e artista todoterreo
presentan unha visión romántica e heterodoxa dos ídolos do deporte. Xunta eles
o desmitificador filme de Philippe Parreno e Douglas Gordon A 21st Century Portrait que recolle un
partido de Zinédine Zidane filmando
soamente e totalmente o xogo do deportista ó longo do partido, recollendo
moitos momentos de desánimo, fatiga e espera, da unha visión fráxil dun heroe
no campo de batalla.
Hai proxectos específicos feitos para a mostra que percorre a vida dalgúns
dos meirandes xogadores europeos como George
Best, Eric Cantona ou o campión do Torino, Gigi Meroni. Noutra sección se fai un desenvolvemento da moda Street Wear da man de moitos dos seus
máis senlleiros representantes que, non se esquece, son profesionais do fútbol.
David Beckham, Neymar, Franck Ribéry son
algúns dos deportistas convertidos en modelos.
A moda de home está a pasar por un momento onde se mestura a vixencia dunha
nova xastrería, xunta o auxe da roupa deportiva, da roupa informal e da roupa
levada de xeito espontáneo ou de estilo na rúa. A exposición afondará sobre
novas posibilidades para o armario dos homes como por exemplo a de levares a
camiseta do noso equipo favorito debaixo dun abrigo ou unha chaqueta de xeito
informal.
Tanto a moda como o fútbol comparten un certo discurso expresivo inmediato
e un aspecto fortemente emotivo, a moda con desfiles de conspicua brevidade e o
fútbol cunha cesura emocional que se mantén nun infinito de tan só 90 minutos
pero que se prolonga durante todo o campionato.
Trátase dun proxecto expositivo que afunde a moda coa súa elegancia e
beleza, xunto á socioloxía da fama e a popularidade inherente no fútbol.
Salientando a un tipo de home do século XXI ancorado na individualidade e o
individualismo. Un heroe postmoderno
protagonista dun novo relato na sociedade que subliña o presente inmediato, o
suceso do partido hoxe e agora, fronte a calquera pasado ou futuro. Un relato
onde non conta nin o país de orixe, nin a cor ou relixión do persoeiro se non
que prima o seu éxito hedonista. No que o idioma e o xogo e a canle son os
medios de comunicación. Estas e outras son características que corresponden de
seu tanto a moda como o deporte, os estadios son as novas catedrais, a
moda é a súa aliada.
O estilo sport
Un dos deseñadores que con máis fincapé emprega o universo do fútbol para
recrear o seu propio é o belga Dirk
Bikkembergs. Quen ven deseñando zapatillas deportivas con forte carácter e
personalidade inspiradas nas botas de cravos de xogo en herba dende hai máis de
vinte anos. Ademais centra as súas
coleccións na vestimenta deportiva ou de inspiración sport e mesmo ten
convocado a atletas para seres a imaxe das súas campañas de publicidade. O
xogador do Atletic de Bilbao, Aitor Ocio, foi dunha volta retratado para a campaña
de publicidade da firma, o mesmo que os membros do F.C. Fossombrone, oriúndo da vila onde está localizada a
empresa.
Máis quizás a máis singular das colaboracións da firma co eido do fútbol
aconteceu en 2009 cando, crearon un apartamento para o defensa do Brera F.C.,
Andrea Vasa. A acción consistiu en converter un establecemento comercial a ras
de rúa nun escaparate ou sala de museo onde expuñan as creacións do deseñador
convivindo co futbolista facendo as accións cotiás. O público podía visitar as
habitacións e mesmo camiñar entre os obxectos de uso cotiá do xogador cando non
atopar de cara ó mesmísimo futbolista saíndo da ducha!.
Outras exposicións alén da exposición relacionando fútbol e moda ou sport e
moda, foron a mostra de Raf Simons na
Biennale de Firenze do ano 1998, titulada 2001
minus 3, na que un grupo de adolescentes vivía nun apartamento instalado na
Stazione Leopolda, vestidos con estética sport e facendo a vida cotiá propia
dun rapaz de curta idade.
A mostra Smarter, Faster, Tougher foi
celebrada no Toronto Design Museum no ano 2015 co gallo dos Panam Games. E
coincidindo cos Xogos Olímpicos de Londres no 2012 o Design Museum de Londres
presentou Design to Win e o Fashion
Museum de Bath expuso Sport &
Fashion.
A moda deportiva invade o noso armario, os futbolistas son os nosos modelos
e os museos dedican as súas exposicións ó fútbol. O fanatismo do fútbol ou da
vida postmoderna.
Román Padín Otero.
martes, 26 de junio de 2018
POSTMODERN MEN´S FASHION. EFÉMERO
REPORTAJE EN TVG SOBRE LA EXPOSICIÓN POSTMODERN MEN´S FASHION
Reportaje en tv sobre la exposición
EFéMERO 2018.
Ponente: Román Padín
Otero
Doctor en Bellas Artes
por la Universidad de Vigo, con la tesis “La articulación de la moda en el
espacio museístico en el cambio de milenio”. Profesor en ESDEMGA, colaborador
en prensa. Licenciado en derecho.
Ponencia: Postmodern
Men´s Fashion.
La moda masculina es
objeto de menos atención que la femenina. Las exposiciones y publicaciones
dedican más espacio al vestido de la mujer pues resulta más complejo, vistoso y
su tratamiento académico se apoya en el valor material de la alta costura.
Frente a eso, el vestido de hombre ha sido evitado en los estudios, las
muestras y en la iconografía, sobre la base de la austeridad del aspecto
masculino y la “gran renuncia” de los caballeros a aderezarse desde el nuevo régimen.
El final del siglo XX y el inicio del siglo XXI, han visto el despertar y
asentamiento de la complejidad y vistosidad en la ropa de hombre, gracias a una
tendencia socio cultural liderada por los movimientos musicales, que encontró
apoyo teórico en el postmodernismo.
En la década de los
años 1960 se inició una revolución progresiva en la ropa del hombre, ampliando
las posibilidades, formas, colores, estilos en el vestuario masculino. La bella silueta italiana, unos trajes más
estrechos, estilizados fue retomada por Hardy Amies quien exportó desde el
Reino Unido a Estados Unidos trajes de confección para caballero con
innovaciones como ventilación en la espalda, cintura marcada y dos botones. El
modisto francés Pierre Cardin, aportó la moda
futurista, inspirada en el alunizaje del hombre. Una estética que se
combinó con el estilo mod, el aspecto que llevaban los Beatles. La moda
de Carnaby Street fue la siguiente novedad, con las creaciones de John Stephen.
Trajes de satén, pana, terciopelo, pantalones de talle alto o bajo, camisas de
flores, corbatas de colores y gorras beatle crearon el London look. Tiendas de Carnaby Strret, Picadilly, King´s Road,
Dover Street, vestían una nueva élite con estilo paquistaní/indio de jet set hippie. Tommy Nutter creaba nueva
sastrería en Savile Row, con clientes como Mick y Bianca Jagger, Twiggy, The
Beatles. El final de los 1960, destacó
una moda ecléctica, étnica, exótica, combinando invenciones caseras y
antiguallas. Era la imagen de la cultura liberal de esa década, con viajes a
oriente, drogas, hedonismo que desembocó en una beligerancia social frente a la
guerra de Vietnam. De aquel estilo de color en la moda hippie se pasó a otro
color en la moda glam-rock con David
Bowie y Marc Bohan en los años 1970. En
el final de la década Giorgio Armani deconstruye las chaquetas y la silueta,
tal y como se ve en American Gigolo. El
traje blanco se recupera con un recuerdo a los años 1920 del Gran Gatsby en la película Saturday Night Fever. Y el White Duke de
Bowie. La imagen futurista de los años 1980 con evocaciones a los años 1940 de
amplias hombreras se encontó en Blade
runner en 1982. Y las siluetas trapezoidales de los modistos del
prêt-à-porter de lujo parisino Thierry Mugler, Claude Montana, Jean Paul
Gaultier, Azzedine Alaïa. El glam rock había
aportado plataformas, estampados de serpiente y glitter, luego el punk fue el que llevó el espíritu social
de la calle a la moda. Malcolm Mclaren y Vivienne Westwood en su tienda de
King´s Road, World´s End, llenaron las camisetas de frases provocativas, referencias
políticas, sexuales y aún masoquistas en ocasiones, los pantalones de
imperdibles y las chaquetas adornadas con pintadas y banderas. La colección Pirate de Vivienne Westwood 1981-1982,
abrió el camino a otro atavío musical, el de los nuevos románticos. Luego los
góticos, break dancers, hip hop look, grunge con Kurt Cobain de Nirvana, abrieron las posibilidades a otros modos de
hombre. La influencia de revistas como I-D, The Face, Blitz, Arena fue decisiva
en la década de 1980 y el trabajo del estilista cobró importancia en una época
de combinaciones de todas las épocas para el vestido del hombre. Ray Petri y
Simon Foxton fueron dos de los más notables creando apariencias transversales.
Los grandes diseñadores hacen aparición en los años 1980, Ralph Lauren con su
estilo Ivy League, Calvin Klein con el cuerpo y la ropa interior en anuncios de
jeans, Giorgio Armani y la deconstrucción. En 1984-85 Jean Paul Gaultier
traspasa fronteras de género e identidad con la colección Et Dieu créa l´homme en la que presenta faldas para señores. Otra
iconoclastia procedió de los diseñadores japoneses en esa época Issey Miyake,
Rei Kawakubo, Yohji Yamamoto, presentaban siluetas bidimensionales, de color
negro, con descosidos, rotos, fluidez y otra belleza wabi-sabi. Al tiempo surge el diseñador procedente de las escuelas
de moda con fuerza, el grupo de los 6 de
Amberes (Dirk Bikkermbergs, Ann Demeulemeester, Walter van Beirendonck,
Marina Yee, Dirk van Saene, Dries van Noten), incorporan un nuevo ideal de
hombre. Antes Martin Margiela crea un nuevo tipo de diseñador ausente,
provocador y con interés por el reciclado. Después Raf Simons crea la nueva
silueta alargada y pálida de joven europeo frente a los cuerpos atléticos
norteamericanos. En Londres Andreas Kronthaler diseña MAN para Vivienne
Westwood. En Paris Hedi Slimane profundiza en la silueta estilizada, Jil Sander
en el minimalismo junto a Helmut Lang. Tom Ford usa el sexo para diseñar y
vender, Paul Smith reinterpreta con colores el sastre inglés desde Londres.
Surge la moda de España notablemente con Adolfo Domínguez, Sybilla, Jesús del
Pozo, el joyero Joaquín Berao. Se produce la invasión de diseñadores
anglosajones en Paris (Galliano, McQueen, Ford) y una nueva etapa con el siglo
XXI en la que las grandes corporaciones del lujo rivalizan en audacia frente al
ingenio con personalidad de las pequeñas empresas. Se relanzan las viejas casa de alta costura
con fuertes colecciones de pêt-à-porter de mujer y hombre. Ricardo Tisci al
frente de Givenchy en 2010 crea la revolución de hip hop, sports, urban, falda,
pantalón. Tom Ford insiste en el porn
chic. Neil Barret en Prada crea un hombre esencial. En 2010 se relanza la sastrería tradicional
con un giro, incidiendo en la napolitana frente a la inglesa, extremando la
inglesa frente a otras y desarrollando un negocio mundial de moda de hombre con
Blazer, americana, traje, chaqueta, muy
guiado por la influencia del elegante Lapo Elkann desde las páginas de L´Uomo
Vogue en abril de 2012 En el lado opuesto diseñadores de
vanguardia como Rick Owens, comienza a generar su cohorte de fieles seguidores
y a marcar los aspectos más extremos. Del mismo modo que Thom Browne crea un
look de colegial extremo en su sastrería. Christophe Decarnin relanza Balmain y
sus siluetas de vértigo. Stefano Pilati en Zegna hace sofisticación. Y sobre
todos ellos se mantienen con cierta constancia Versace y Dolce&Gabanna. En 2015
se produjo una sobrevenida moda del telón de acero con Demna Gvasalia, Gosha
Rubchinskiy, con un estilo de nuevo clochard
y de relectura de ropa del pasado. Otras vanguardias como la de Craig
Green, Afterhomework Paris, Virgil Abloh, representan el hombre poliédrico del
2018 en adelante, manifiestamente con la revolución del todo vale de Alessandro
Michele al frente de Gucci desde 2015.
Las más recientes forma
de vestir del hombre es, moda ecléctica que abarca desde nueva sastrería, a moda
de vanguardia, siluetas transversales de grandes cadenas de ropa económica
(silueta gallo), cierta tendencia a la ideología en cuestión de sostenibilidad
(de materiales, reciclaje, circularidad del diseño, orígenes ciertos, derechos
humanos), cierta presencia del no-género, carrusel de siluetas sartoriales
desde lo amplio a los ajustado, carrusel de siluetas de ropa deportiva urbana
desde lo retro a lo futurista.
Román Padín Oterojueves, 31 de mayo de 2018
AZZEDINE ALAÏA: THE COUTURIER FV 31.5.2018
Azzedine Alaïa: O Modisto
Non se pode escribir a historia da moda dos derradeiros 50 anos sen citar a
catro creadores do prêt-à-porter de luxo, Thierry Mugler, Claude Montana, Jean
Paul Gaultier e Azzedine Alaïa. Eles conformaron unha vangarda áxil no mundo do
deseño fronte ó estatismo das grandes casas de alta costura parisina. Con eles
o mundo deuse conta de que había outras formas de moda, máis diversa, audaz,
contemporánea, investigadora do corpo, feita en serie, con halo de
exclusividade e percibida como unha forma de arte que ía marcar a época
postmoderna. A un de ese catro modistos
estáselle a dedicar unha exposición monográfica en The Design Museum en
Londres.
Azzedine Alaïa The Couturier inaugurouse no mes de maio e ficará aberta até outubro.
Trátase dun proxecto de mostra que foi concibido polo modisto xunto ó comisario
Mark Wilson quen é chief curator no The Groninger Museum en Holanda. A
exposición por mor do destino tense convertido nunha homenaxe póstuma pois
Azzedine Alaïa faleceu de súpeto en novembro pasado, procurando notable
conmoción no mundo das artes.
En xaneiro deste ano inauguraba a exposición Azzedine Alaïa Je Suis Couturier no fermoso edificio propiedade do
creador na rue de la Verrerie no Marais
de Paris. O inmoble que era as veces fogar, taller, tenda, sala de exposición e
enderezo para a pasarela das creacións do deseñador tunesino sirve de museo temporal para case
que medio cento dos traxes saídos das mans do modisto. Esta mostra está
comisariada polo que fora director do Palais Galliera de Paris até hai pouco,
Olivier Saillard e permanecerá aberta até xuño. Son pois dúas as homenaxes
paralelas que se lle fan ó modisto e ámbalas dúas están a convocar a moito
público e serviron para reunir ó incondicionais, amigos, musas e artistas
asiduos no mundo de Alaïa.
Para o público galego e español quizais non sexa moi coñecida a súa figura
fronte ós outros célebres deseñadores dos anos oitenta. Mugler é familiar polo seu perfume Angel; Gaultier é moi
célebre polas roupas para Madonna, as
saias para home e os seus perfumes; Montana
quizais algo esquecido polo tempo pero é recordado tamén polo seu perfume, polas
coleccións de alta costura que fixo para Lanvin,
e polos abrigos e chapeus de cor azul Klein que deseñou para Grace Jones. Esta actriz e cantante de
aspecto atlético foi tamén unha das célebres clientas e musas de Alaïa. A súa silueta de xerro grego
embutida nun traxe de tiras elásticas de cor violeta con carrapucha, é quizais
a más memorable das siluetas do deseñador.
Nado en Tunisia en 1940 trasladouse a París traballando en Dior, tan solo
cinco días! E logo en Guy Laroche durante dous anos, para ter despois un
singular oficio. O de modista interno da Condesa de Blégiers entre 1960 e 1965,
para despois ter o seu propio negocio en Rue de Bellechasse, onde comeza a
grande sona do modisto. Polo seu atelier pasa Zsa Zsa Gabor, Arletti, Cécile de
Rothchild e Louise de Vilmorin entre outras. Logo no ano 1979 apareceron as
súas creacións en ELLE Magazine e dende 1981 creou a súa propia liña.
Alaïa foi dos primeiros en propoñer as viscosas, fixo vestidos,
maias e chaquetas de coiro esculpido, bustiers que eran apertados e sexys,
roupa que non tiña complexos e salientaba as formas redondeadas dos corpos das
mulleres. En contra doutros deseñadores que concibían os traxes colgando dos
ombreiros os traxes de Alaïa empregan
o corpo, a cintura, as cadeiras, a totalidade do corpo como soporte para os
traxes. As donas co corpo adoitado adoraban os seus vestidos, como por exemplo Tina Turner quen foi unha das súas
clientas que empregaba os seus traxes mini con polisón marcando as costas e o
cu. Deseñaba para unha nova dona poderosa, segura de si mesma o con fermosos
tecidos, acabados e cores. A lista das súas clientas e musas inclúen a Farida
Khelfa, quen non soamente desfilaba para el con ese xesto un pouco distante que
a caracterizaba, se non que tamén levaba a súa roupa nas rúas, e recentemente
logo do pasamento do modista asistiu e encabezou moitas das homenaxes ó creador
entre elas as exposicións de París e a de Londres. Paloma Picasso foi tamén
amiga e clienta, formando parte dun ambiente de artes e artistas onde a pintura
de por exemplo Julian Schnabel decoraba cos seus cadros de pratos rotos os
ateliers do modisto, mentres este drapeaba sobre o corpo da modelo un traxe. A
figura de Alaïa está na tradición do modisto coleccionista de arte e rodeado de
artistas como o fora Poiret ou Doucet. E está tamén na tradición da alta
costura con un mestre que sabe confeccionar el mesmo a totalidade do modelo
pois coñece a xastrería, o drapeado, o corte, sendo á vez innovador nas formas.
Supermulleres.
Sendo unha figura tan senlleira pódese entender que non son estas dúas
exposicións en Londres e París as primeiras que se lle dedican ó modisto. No
ano 1998 xa expuxera no Groninger Museum, onde habería de recuncar no 2011,
cunha instalación futurista creada por Mark Wilson.
Expuso asemade en lugares históricos. No ano 1996 o Palazzo Crosini de
Florencia albergou as súas creación. E no ano 2015 a Gallería Borghese de Roma
presentou unha mostra na que os traxes de Alaïa dialogaban cos frescos e as
esculturas marmóreas do templo das artes romano.
O Palais Galliera de Paris dedicou asemade unha grande e ben estruturada
monográfica no ano 2013 que reuniu as toda a elite artística e cultural da
capital Francesa e tivo moita sona entre o público.
A montaxe das exposicións de Azzedine Alaïa caracterízanse por mostrar os
corpiños dos vestidos sobre saias que duplican ou triplican a súa lonxitude real.
Daquela asistimos á visión duns corpos de supermulleres asentados sobre escultóricas
bases que permiten percibir o conxunto cun poderoso efecto de verticalidade
formal case que grecoromano que pode recordar á cariátides do templo homónimo
na Acrópoles de Atenas. Xunta estes modelos hai outros que reproducen o modelo
real cun aumento global dun aproximadamente 30% o que as converte en formas de
verdadeiras proporcións de escultura pública.
En Londres case que medio cento de modelos responden a esta estrutura de
hiperdimensión lonxitudinal e aparecen apoiados sobre bases metálicas de
acabado brillante e fermoso. Creando un efecto poético que semella proxectar ás
donas que Azzedine Alaïa tanto amou cara as estrelas nas que el as convertía.
Alaïa o máis pequeno do grandes couturiers está agora entre as estrelas.
Román Padín Otero
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


















































