jueves, 26 de enero de 2012

Blue Chips, Faro de Vigo, 26.01.2012


Blue chips
As fichas azuis, tamén chamadas “blue chips”, son as de máis avalúo nos casinos. Delas toman prestado o seu nome as empresas cotizadas en bolsa que operan como valores máis estables. No eido das artes, dáselle ese calificativo ás obras firmadas por artistas recoñecidos que, malia o elevado prezo de adquisición, son un lugar de investimento seguro ou polo menos indiciariamente revalorizable para os aforros.
Hai un filme moi divertido, protagonizado por Andie Macdowell e John Malkovich, titulado “Obxecto de seducción”, no que se recrea de xeito teatral e burlesco un “ménage à trois”, entre un home, una muller e unha escultura de Henry Moore. Cando a parella vese na obriga de por freno ó ritmo de vida que teñen, non lles queda outra que vender una pequena peza do escultor británico. A seducción atrapada pola cola, recordando a obra de teatro escrita por Picasso, está aquí colleita e ben colleita. Pois a parella atravesa por múltiples situacións para salvagardar o que é un prezo certo millonario suxeito por un pequeno ben moble. Ese é un exemplo de blue chip.
Os investimentos en arte non son o mesmo que as compras de arte, daquela non todo o que se merca haberá de ser un ben que teña valor patrimonial. A arte nas mans privadas ten primeiro una consideración estética ou sentimental e despóis un valor patrimonial. Así que cando se decide a participar no mercado da arte, hai que ter claro o contexto e a diferencia entre gasto e investimento, ámbalas dúas opción plausibles. Para gastar, guíamonos polo gusto. Para investir, debemos guiarnos polo coñecemento. Como se di popularmente, ninguén da pesos a catro pesetas, ou o que é o mesmo, as mesmas precaucións e informacións que se toman para mercar un ben inmoble, teñen de ser tomadas para mercar arte.
Para todo iso, para coñecer de arte, para poder investir os nosos cartos nun ámbito seguro e interesante de tráfico de bens físicos, o primeiro paso pode ser coñecer o calendario de feiras e exposicións máis doadas. Igual que seguimos as pasarelas de Milán, París ou Nova Iorque, asemade seguimos os centros de compra-venda de arte. E non hai que perder a visión da oportunidade da arte arestora que o mercado inmobiliario está á baixa e que parece doado, restar importancia ás especulacións bursátiles, que enfin non producen máis que desarreglos, e outorgarlle excelencia ás transaccións reais de bens físicos guiados por parámetros internacionais de avalúo.
O nudo gordiano da escena da arte está hoxe na feira de Miami Art Basel, que se celebra en decembro, e que  debe ser un punto de mira para os españois, pois é a mestura entre o rigor centroeuropeo e a poética latina, ademáis de ser a nosa porta con Latinoamérica, o noso mercado social natural neste intre de crise europeísta. Colofón ou obertura, a feira de Miami, é coñecida porque alí “está todo o mundo”. Vida social e latexo patrimonial van da man aló.
Madrid, é una cita próxima, un lugar onde familiarizarse cada febrero en ARCO, coa escena da arte. A feira céntrase na arte contemporánea, aínda que hai sempre stands de clásicos das vangardas. Entre os blue chips que titulan este artigo, teñen nos Picasso, Miró, Calder, Picabia, enderezos de aposta segura. Os aumentos de valor no tempo desas obras, non son expoñenciais pero sí constantes. Iso sí, as obras haberán de ser de calidade dentro da produción de cada autor.
Outra opción en Madrid, podería ser o acercamento a obras de Anish Kapoor, Philippe Parreno, Liam Gillick, Angela Bullock ou calquera dos 100 artistas da lista de Artforum.  Despois de Madrid, está a feira de Bruselas en abril, coa opción de ir á feira de Colonia, no mesmo mes, pero sendo a belga, de máis calidade.
Nestas citas estando ben asesorado pódense atopar obras de interese. Os artistas americanos emerxentes son una boa opción, e as galerías dese país tamén, pola estruturación do mercado. Ademais en tódalas feiras hai galerías alemanas, que por exemplo en Arco, mercando xermano págase un 7% de IVA fronte ó 18% español.
As citas seguirían en xuño con Frieze en Nova Iorque e con Art Basel tamén en xuño, pero máis cerca, na cidade suiza de Basilea. Aló as pezas de arte con mayúsculas compiten con modelos de alta costura e seguridade no investimento. Iso sí poucos artistas españois, que en xeral non teñen pouca proxección, salvo Barceló e alguns artistas singulares da escola figurativa, o resto son compra sentimental ou de gusto, pero non investimento.
Este tour pola arte seguiría en París e Londres en outubro.
Sempre hai a posibilidade de viaxar e invetir, a ruta da arte dos blue chips, é unha delas.
Román Padín Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario