jueves, 19 de enero de 2012

deseño futuro, faro de vigo, faro da cultura, 19.1.2012


Deseño futuro
O deseño naceu no 1919 cando Walter Gropius fundou a Bauhaus de Weimar. Daquela no programa de estudos da escola explicábase que a intención dos cursos era “formar a un novo tipo de artista creador, capaz de comprender calqueira tipo de necesidade…alguén que se aproxime ás esixencias humáns segundo un método preciso”.
Hoxe en día, caseque un século despóis, ese desiderátum visionario, tense convertido nunha realidade imperativa, e todo o que nos rodea é deseño. Sen embargo, facendo una frase de estilo Magritte, podemos dicir que na situación vixente de banalización do mercado, “non todo o deseño é deseño” ou “ceci n´est pas design”.
O profesore italiano Bruno Munari, explicaba xa nos anos sesenta que había deseñadores, artistas e estilistas. Ocupados os primeiros en crear pezas de fermosura lóxica para usar, os segundos dedicados ás cuestións da expresión do subxetivo de xeito convincente e os terceiros ocupados na liña e a elegancia dos obxectos.
O deseño que interesa arestora é aquel que fuxe da retórica, facendo do equilibrio económico a súa principal ocupación. Ou que en xeito contrario, seña tan extraordinariamente accesorio que troque en unívoco, de élite.
O mercado responde favorablemente ós obxectos de calidade creados nunha ou outa liña. Por exemplo os autos eléctricos de BMW i3 e BMW i8, creados con fibras de carbono, formas aerodinámicas e interiores sostibles, serían exemplo da integración do novidoso en formas e adecuado de custos. Por outra banda, a colección de candeleiros de prata creada por Ora-Ïto para Christofle, baixo o nome “Arborescence”, unas pequenas esculturas que recordan ás arbres cubistas de Tamara de Lempicka, sería exemplo do luxo en diseño, do retórico con eficacia.
Esencial ou accesorio, a orixinalidade e autoría das creacións haberá de ser a súa primeira cualidade. O mercado responde a aquilo que é barato e rápido, pero sen dúdiba resulta máis xeneroso con aquilo que é perdurable, sostible e de formas armoniosas.
A relación entre o deseño, como fonte de avalúo engadido e a situación actual da economía, forma as axes dun debate sobre o futuro dos mercados e a volta cara a un ciclo socio-comercial de prosperidade.
Dende os anos oitenta, o adxetivo de “deseño”, como sinónimo de calidade, contemporaneidade e custo, xustificaban un prezo máis elevado dos bens no mercado.
As economías emerxentes de países BIC, invadiron os comercios, con productos manufacturados de baixo custo e ausencia de autoría. Estes productos placebo con distribución de cidade dormitorio,  circularon de xeito cada vez máis veloz, até chegar á estrutura de desconto permanente e confusión do consumidor na que nos atopamos na actualidade.
O mercado está desregulado, e o consumidor está aturdido, e a consecuencia e que o “mais barato todavía”, ten sido asemade  motivo de freno no consumo.
A tendencia para a mercadotecnia das empresas nos próximos anos é por lóxica a antítese do statu quo. En materia de automóviles, está ben a idea dos autos ecolóxicos, pero hai asemade una demanda no mercado de autos de gran tamaño.
En materia alimentaria, a idea da fusión, empezará a deixar paso a produtos orixinais doados para cada mercado en orixe.
Canto ós sistemas de comunicación, deixarán de ter efectividade as campañas anónimas por medio de mailings masivos ou twitters de caída libre, para tomar importancia as relacións personais de tipo clásico que inclúen cena e botella de viño co cliente. Ademáis será importante que as empresas aumenten os seus presupostos de viaxes para visitar ós clientes, e coñecer cara a cara o que precisan.
Nesta nova era, de lóxica personalizada, cobrará importancia o avalúo sensato dos servicios e das calidades dos bens de consumo. Un billete terá un custo real e non un custo de oportunidade. Unha camiseta con deseño terá un custo por manufactura e non por oferta ou por logo. Nin o moi barato nin o moi caro, sen lóxica, atoparán acougo.
E o que si atopará acougo no novo sistema do produto de deseño con importancia do avalúo engadido, é o extraordinariamente exclusivo ou o extraordinariamente accesible por cualidades productivas. Así, nos xastres de Savile Row, demandaránse traxes con tecidos feitos de lapislázuli, pó de diamante ou lás con fiado nanotecnolóxico. Asemade, bens de consumo primario como os alimentos ou os prezos da hostelería deberán tornar á lóxica do custo-oportunidade.
O deseño, a creación xustificada por ética máis estética, será demandada, tanto para os bens exclusivos como para os xenéricos, funcionando como leitmotiv para a revitalización dos mercados.
Deseño e arquitectura
En Rotterdam, nos Países Baixos, e tamén en Alemania, en concreto en Saxonia, están a poñer en práctica xestións e programas para facer do deseño e da arquitectura a fonte de ingresos e de tráfico de consumidores ou visitantes.
Cada temporada, con natureza anual ou bienal, en Rotterdam, se celebran eventos relacionados coa arquitectura e o deseño. Non hai que esquencer, que o limelight da cidade holandesa, conta con edificios dos millores arquitectos contemporáneos de todo o mundo. Estudos residentes na cidade como MVRDV ou OMA con Rem Koolhaas, están asemade a apoiar o prestixio e popularidade da cidade. Neste outono, a cidade presentou ó mercado internacional o hotel Inntel, una torre de cristal, amoblada con pezas de Montis e con iluminación de Artemide e Foscarini.
Hai tamén, un importante centro para a arquitectura contemporánea, o chamado NAI, que alberga cada dous anos una bienal onde se debaten e estudan cuestións de habitabilidade e novas formas de definir os espacios urbáns, para millorar a calidade de vida e racionalizar os custos. De xeito que a arquitectura contemporánea non seña somentes de edificios vedette, se non que tamén se dedique ás millores formas para as casa de veciños.
No museo Boijmans, organizan cada ano un premio de deseño, que abonda na tradición desta institución nas artes aplicadas. E serve como trampolín para a divulgación de senlleiros deseñadores holandeses que contan cunha sólida carreira profesional.
En conxunto a idea de comunicación de Rotterdam, e a do avalúo engadido. Todo é lóxica do deseño aplicada a prol da solvencia tecnolóxica da cidade e os seus habitantes e visitantes.
En Alemania, una manufactura de porcelana tradicional como Meissen, ven de ser posta ó día e lanzada á primeira liña de productos con personalidade no mercado do luxo. A empresa de propiedade estatal, non podía ser posta ó día con aumento de fondos, pois ía en contra da normativa da Unión Europea. O executivo Christian Kurtzke, trocou a vella manufactura nun emporio do luxo, diversificando a vella porcelana no eido dos tecidos, os metáis, as xoias ou o mobiliario.
Tanto a estratexia de Rotterdam abondando na arquitectura de alta tecnoloxía, como a xestión xermana da porcelana como vía para o universo do luxo, ben podía ser mimetizada no noso país. Cidade da Cultura como enderezo tecnolóxico ou tradicionais manufacturas de La Granja, Buen Retiro ou Sargadelos, ben podían ser postas novamente en órbita. Artes e mercado.
Román Padín Otero    

No hay comentarios:

Publicar un comentario