martes, 10 de julio de 2012

éphémère, éphémère, Faro de Vigo 5-7-2012


Éphémère
As obras de arte máis principais na historia, estiveron creadas para perpetuarse no tempo. A vontade principal dun mecenas ou dun coleccionista, era a do coidado e conservación das creacións plásticas únicas que eles custodiaban, logo de ter rematada a encomenda ós artistas. Cando nos referimos ás orixes da civilización de occidente, nos textos mesopotámicos, estamos a citar un fito no que a permanencia das verbas sobre soporte escrito, trocaron o sentido da cultura e da sociedade, tendo en pasar da herdanza verbal, a aquela outra da escrita. Ese niño de coñecemento que é a indeleble presenza das verbas, ou das imaxes, ou da escrita ou da pictografía fixa ou móvil sobre soportes estables, ten sido a peza axial da cultura de occidente dende o terceiro milenio antes de Cristo.
Non por ser menor, pero sí por ser distinta, a arte efímera, aquela destinada a ser flor de un día, soño dunha noite de verán ou fanfarria de pompa e circunstancia, era considerada non menos importante que a arte estable, pero sí que se tiña por accesoria. Un artista como Arcimboldo, eran convocado a facer as súas terribles e creativas cabezas polimorfas manieristas ó mesmo tempo que, accesoriamente, era invitado a deseñar desfiles e vestiarios para festas cortesanas. Pasando o tempo, o recordó dese artista, ven dado sobre todo polos cadros de óleo sobre lenzo que están nas colección reais de El Prado e noutros museos europeos, e non tanto polo seu traballo como creador de escenografías. No caso de Arcimboldo, unha coincidencia fonética, fixo que a súa arte éphémère, fora convertida en memoria permanente pola edición dun libro monográfico no que se incluían deseños do artista para fanfarrias e bailes, publicado por efemer (F.M.R.), Franco María Ricci. O editor italiano máis emblemático dos derradeiros anos, é un exemplo de cómo a arte efímera abonda asemade nas bibliotecas. Os arquivos de libros, localización noutras épocas de volumes incunables e pesadas edicións ideadas para permanecer no tempo, foron trocando últimamente en eidos dedicados ás publicación facsimilares, periódicas ou revistas, que tiñan un forte contido de herdanza cultural. Así a sección da hemeroteca converteuse en totalidad de biblioteca de edicións efímeras nos anos recentes. O efímero e esencial á cultura hipermoderna. Tanto que o noso sistema de comportamento, influenciado polo sistema da moda, o fashion system, induce a mozos e vellos, mulleres e homes, a trocar de actitude, sentimento e mesmo compañía sentimental, nunha sorte de permanente cambio de colección de moda, ou permanenente efímero cambio da educación sentimental.
Sen dúbida, a mocedade, ese tesouro que habita na melancolía do recordo, no ouvear dun momento, deu moita inspiración ás artes. E de seguro que a arte efímera máis moderna, a cinematografía, tomou como inspiración en non poucas ocasións o estilo de vida da mocedade, como eixo do existir. Recentemente o editor Luís Venegas, reponsable de diversas publicacións como Ey Magateen! e Candy Magazine!, reinventou a imaxe da casa Loewe, cunha campaña de publicidade que deu moita polémica, e incluía no espectro da clásica casa de modas a unha mocedade acomodada do Madrid máis “pijo”. Esa loubazanda da xuventude, do efímero, está intrínsecamente relacionada coas necesidades comerciales da casa Loewe, que precisa de novas clientas “efímeras” e non das antigas vellas grandes Duquesas e Condesas, que xa contan no seu vestiario con todos os Loewes imaxinables. Noutra esquina do mundo, o artista James Franco, presentou una pasada primavera unha exposición no MOCA de Los Angeles, na que baixo o título “Rebelde”, loubaba ó film de James Dean, no que se converteu a futilidade da vida, a presencia da morte como un fermoso cadavre aínda mozo e a interpretación dunha obra de cine efímera, por parte doutros artistas, como eixo para unha celebración da arte efímera, como a vida.
Un museo de 24 horas
Outro artista que celebrou a realidade das artes efímeras, como razón de ser na contemporaneidade, é o italiano Francesco Vezzoli, quen creou no pasado inverno, un museo efímero en París contando coa colabouración da Casa de moda Prada. Durante 24 horas, o palacio de Iéna, xunto ó Trocadero, foi o lugar de encontró dunha jet set das artes, e de numerosos visitantes anónimos. Foi unha especie de festa con cena e baile que acollía ademáis numerosas pezas e un concepto de instalación creado polo artista italiano. Nos nosos días, na época da cultura do espectáculo, nada millor que convertir un espacio histórico, nunha macro discoteca con pezas plásticas, para celebrar a arte hipermoderna do século XXI. O estilo de Vezzoli é un crisol da conceptuación do efímero na cultura contemporánea. As súas teimas fan variacións intelectuais lixeiras, nunca fondas, sobre cuestións varias. Dende o universo das divas do cine até a mestura de pornografía e música accidental. A súa plástica, caseque nunca crea, se non que recrea imaxes e iconas creadas por outros autores antes, ou mesmo construídos pola iconografía pop que él desvirtúa. Algo lixeiro de argumento, suave de forma, e breve de duración, conforma a cualidade do efímero na arte do século XXI, na arte integrada no universo da moda recreada por Vezzoli.
Román Padín Otero     

lunes, 4 de junio de 2012

Eterno feminino, Newton. Faro de Vigo 31.5.2012




Eterno feminino por Helmut Newton.
O fotógrafo Helmut Newton (1920-2004)é suxeito de dúas exposicións retrospectivas que repasan episodios diversos da súa monumental produción. París e Berlín, acollen ó longo deste ano, o universo de hiperfeminidade insaturada en branco e negro, do fotógrafo que retratou ás mulleres máis poderosas, espidas ou vestidas, que coñecera a historia da arte dende Palas Atenea. Un mundo matriarcal onde a pube e o abdomen da muller exhiben toda a forza que implica ser orixe da vida e fonte erótica de fantasía sexual  surreal, vencellada a zapatos de tacón e beizos bermellos. Un mundo de donas que apoian a trémula voluptuosidade da musculatura das súas longas pernas sobre anels de diamantes e traxes de coiro. Agora esas donas, e outros montruos sagrados, ofrécense ó espectador, no equilibrio do tempo perdido, dunhas épocas chic pasadas, e o tempo recobrado, aquel sostido pola memoria inalterable do ollo sen párpado da cámara de fotos.
Na exposición de París repásanse as teimas de moda,sexo, espidos, humor e retratos que están presentes ó longo de anos de creación pictográfica do fotógrafo. Aínda que o leitmotiv do traballo de Helmut Newton, durante décadas, foi a moda, houbo outros terreos nos que tamén abondou a súa creatividade. Tan presente está o universo da moda no seu traballo, que se pode dicir que é o seu un tracto fotográfico do chic, o estilo, a elegancia e os xestos sofisticados, cun aroma de moda entorno a eles. A moda como excusa, sirveu para presentar modelos espidas a carón da roupa de Saint Laurent. A moda como argumento, sirveu tamén, para retratar xoias únicas envoltas en bodegóns de carne humán e utensilios de cociña. A moda enfin, para simbolizar a erótica casi orgásmica de modelos tumbadas como odaliscas guerreias que lucen zapatos imposibles e peiteados de bucles, estreas, ostras e champagne. Tanto Yves Saint Laurent, como Helmut Newton, trataron á muller dende un punto de vista de women´s liberation. O mundo dunha muller que leva pantalóns e smoking creado por Saint Laurent é complementario do mundo dunha muller que goberna o seu destino, cos seus propios negocios e luxosos hoteis, creado por Newton. De xeito que en moitas fotografías de moda aparece o sexo, e de forma constante aparece una muller desafiante, que  controla ós homes entorno a ela, sendo suxeito da acción e non obxeto da función. Este diálogo de moda e sexo, leva como acompañante ó humor en moitas ocasións. De xeito que as narracións visuais creadas por Newton encerran un halo SM, ou de dominación ou noutra volta, teñen un contido humoresque. Moitas veces son persoeiros célebres os que aparecen nas escenas de moda, sexo, humor. E mesmo nos retratos de celebridades, aparecen tamén narracións ocultas que veñen a realzar un retrato meta psicolóxico do actor, actriz, escritor ou pintor. Catherine Deneuve mira desafiante como un busto art déco. Charlote Rampling, emprega una mesa como cadeira, mentras mostra o seu corpo fráxil espido. Paloma Picasso, emprega un vaso de cristal para insinuar un peito espido, nun retrato aristocrático. Todas mulleres, divas, imposibles realidades nun universo de míticas guerreiras da elegancia e os xestos sofisticados. Unhas décadas de vós transoceánicos en jumbo, veraneos na Costa Azul e ceas na Tour d´Argent.
Catro grandes libros recollen moitos dos traballos de Helmut Newton: A world without men, White women, Sleepless nights, Big nudes. Ós tres últimos está dedicada a exposición de Berlín. A idea dun mundo sen homes, ven a refrendar o ideal de eterna feminidade nun universo de mulleres escultóricas, con peitos cono globos terráqueos que gobernan o destino do mundo, en clave feminina. Atrás queda o machismo dominante na historia de occidente, e Newton, reinventa una realidade onde só hai mulleres gobernantas. Mulleres hiperfemininas que rodeadas de fermosos homes obxecto, son bicadas, acariciadas, observadas polos hercúleos sementais. As xigánticas imaxes frontais das mulleres espidas ou vestidas en costura dos retratos de Mulleres brancas e Noites sen dormir, veñen a aumentar o imaxinario meta-real, ou surreal da creatividade de Newton. Igual que Buñuel fantaseaba con tacóns. Igual que Dalí fantaseaba cunha Gala orixe e absoluto. Newton, fantasea cunha pléiade de donas que son una e son todas. As mais fermosas mulleres de feminidade absoluta, chic radical e espido insuperable, son as que enchen as páxinas do calendario das mil e una noites de Newton, Helmut Newton.
Paloma Picasso
Unha das musas divinas que retratou Helmut Newton, foi Paloma Picasso. A célebre filla do pintor Pablo Picasso, famosa e respetada ela mesma como membro da jet set e deseñadora de xoias, accesorios, perfumes e obxectos decorativos, foi musa e retratada por Newton. Ó fótografo gustoulle a pel branca casi mármorea de Paloma. O seu estilo inspirado nas infantas de Velázquez, combinaba á perfección o branco da pel, o bermello do beizos e o negro azibeche do cabelos. Fixaron un encontro na costa azul, en St Jean Cap Ferrat, no Grand hotel. Paloma con Rafael López Cambil, o seu marido daquela, chegaron varios días antes e tomaron baños de sol. A sorpresa foi para Helmut Newton, cando chegou a retratar á deseñadora de límpida branca pel, e atopou á andaluza morena que levaba dentro. O xenio de Newton , creou o célebre retrato de Paloma, levando os seus brazaletes de fuste de columna grega para Tiffany, un vestido negro e un peito ó aire, adiantándose ó unisenso de Yves Saint Laurent, que aparece intelixentemente cuberto por un vaso de cristal de trago largo que suxeta á dona co seu brazo, mentres o outro reposa na cintura, en actitude de retrato goyesco ou de Mengs. Anos despois retratou a una Paloma máis madura, levando un obxecto fetiche para Newton. Un retrato de efixie de busto da deseñadora levando un monóculo, insinúa un corpo espido e cos cabelos húmedos. Os beizos bermellos, parece suxerir a dona da man no peito, ou una nova interpretación gongoresca dun retrato de Corte español. Paloma e Helmut, teceron unha desas relacións entre creador e musa, nas que se produce un novum. Algo nunca visto antes e que marca una páxina na historia contemporánea do sistema da moda, sistema da arte. Nunca visto antes.
Román Padín Otero

martes, 29 de mayo de 2012

literaria apariencia, ECG 29 5 2012

http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/literaria-apariencia/idEdicion-2012-05-29/idNoticia-748486/

 Literaria apariencia
El artista Anish Kapoor, explicaba en una reciente conversación, la importancia que tienen las esquinas para el arte. El lugar donde se encuentran dos planos, donde se produce una intersección o integración de cuerpos y materias previamente dispersas, produce un novum. Una de las piezas del escultor, presenta un cañón esputando balas de color contra una esquina, transformándola en una doblez poética. Aún una obra de arte previa en el tiempo, el cuadro de Fantin-Latour, “En la esquina de la mesa”, 1872, representa también en una intersección espacial a los literatos que habrían de suponer la apertura hacia la poesía contemporánea. Retratados en el París moderno de los pasajes calefaccionados aparecen, los del eclipse total, Rimbaud y Verlaine. Junto a otras seis personalidades como la de, Léon Valade o Ernest d´Hervilly. El cuadro que se encuentra en el parisino museo d´Orsay, es en sí mismo una multidisciplinariedad, una intersección. Poesía, pintura, estilo de vida,moda, gastronomía y política se dan cita en este retrato de grupo que representa una imagen que es como una frase de Baudelaire, “hay que ser absolutamente moderno”.                                                                     El inverosímil hilo de Parca que conecta a Rimbaud con Baudelaire y a estos con Kapoor, tiene el color de la modernidad. El momento vigente que se llama en ubicua terminología de Lipovetsky, hipermodernidad y  que se caracteriza sobre todo por la existencia de un lugar de intersecciones, una esquina disciplinar, de naturaleza virtual. En ese mundo virtual, los absolutamente modernos mezclan géneros. Uno de los que lo hace con plausible eficacia es el literato-modisto, Gonzalo Vázquez. Este creador está en la esquina de la apariencia literaria, o sea en el terreno de hacer ropa de vanguardia sobre coordenadas poéticas. En la esquina de la mesa de Fantin-Latour, retrataba a jóvenes vestidos de color negro y gris, con los cabellos revueltos y el gesto indolente. Eran los hijos de la Comuna de París, germen estilístico de la moda futura. Las esculturas de Kapoor investigan sobre la concavidad, la convexidad y el color, en un mundo de estructuras arquitectónicas que se reproduce en la moda del siglo XXI. Y Gonzalo Vázquez
, toma prestadas metáforas, sinécdoques y polisemias, para hacer una ropa interesante, de corte sobrio, títulos evocadores, patrones racionales y estilo updated. La importancia de las esquinas en la moda de literaria apariencia, encuentra doble juego en Gonzalo Vázquez, al mezclar disciplinas y crearla desde la esquina del mundo llamada Galicia. Ser absolutamente modernos con apariencia literaria.
Román Padín Otero   

jueves, 24 de mayo de 2012

Oriol Elcacho







Tu quoque, design, 24.5.2012, Faro da Cultura


Tu quoque, design
A locución latina, que refire a “ti tamén…Bruto meu fillo”, emprégase na actualidade, non para recrear a escena letal do César de Roma, se non para negar a autoridade de quen profire un argumento. Como ironía, referir ó deseño, con un “ti tamén”, ven a significar, que aínda quen non confía ou cree non confiar, no deseño (de moda, obxecto cotiás ou pezas tecnolóxicas), atópase inevitablemente rodeado sempre, da máis recente das artes aplicadas. Dende hai tres décadas, todo ó noso redor é deseño. As moblerías trocaron por tendas de deseño. A arquitectura contemporánea trocou por casas de deseño. O interiorismo, a náutica, a creación de automóviles, motos e aeronaves, non son xa feitas por tapiceiros, nas atarazás, por mecánicos ou inxenieiros, se non por deseñadores. De xeito que, non se acaba nunca de abordar o estado da cuestión.                                                         É obvio que a calidade dos produtos amparados na tecnoloxía, onde cada forma resposta a unha causa estética ou unha función, é maior. Mais grande é tamén o seu recoñecemento no mercado. E mesmo o seu avalúo pecuniario. Pero ademáis as creacións de deseño, teñen que estar acompasadas ó tempo, respostar a unha tendencia estética maior que serva de coordenada para atopar diálogo co mercado. No seu día o grupo Memphis cos seus mobles de cores parchís, servía de contra argumento ó bon gusto impelido polo estilo racionalista e internacional. O look clochard, ou de probe, popularizado por Marithé&François Girbaud, e mesmo a “arruga es bella” de Adolfo Domínguez, servía de canal para unha actitude inconformista, logo das derradeiras estreiteces ideolóxicas dos anos setenta. Máis recentemente o éxito de Alessi, nos obxectos cotiás, debeuse en grande medida á transformación do coitá en peza museable de pop art.  
Cando se crea un obxecto de producción seriada, non somentes hai que ter en conta as posibilidades manufactureiras de orixe, se non que hai que contemplar axialmente, a tendencia que os mercados están dispostos a aparehender. A tendencia, o espírito dunha época, o estilo dun período, ten natureza académica. É dicir hai unhas circunstancias históricas que se teñen repetido dende o reinado de Luís XIV de Francia, que serven de referente para provocar cambios no gusto dun tempo. O deseño, como ciencia creacional e comercial, xurdeu masivamente dende a segunda guerra mundial. E nos acompana de xeito cotiá dende os anos sesenta. Agora é una ciencia en estado maduro que necesita de trocos.
O deseño en Galiza, atopa no sector textil un exemplo de pragmática excelencia. O noso país pasou nos derradeiros lustros da fábrica de confección ó estudo de deseño. Agora que o mercado do deseño demanda productos con singularidade formal e alta calidade de manufactura, con inspiración nos oficios tradicionais. Estase a revisitar a artesanía de Galicia, para transformala nun eiral de obxectos singulares de deseño. Imaxinen por exemplo, os humildes collares de A Toxa, feitos polas collareiras coas cunchas que elas denominan “o podre”, que teñen formas sinxelas e repetitivas. Que se poñan ó día baixo o sortilexio do espírito dos tempos, nunha campaña de manufactura-comunicación-estilismo que os convirtan nunha sorte de “xoiería de alta moda”. Alcanzando prezos elevados e popularidade de valor engadido. Iso é o que postula a irónica frase “tu quoque, design”. Un mesmo tratamento poderían ter as plantacións de camelias, trocando festas municipais en ikebana galaica do século XXI.
Noutro orde de cousas, a calidade dos novos deseñadores na nosa terra, está habitualmente encontrada coa industria e co financiamento. De feito as principais empresas do sector textil galego apoianse no versionado da moda de outros creadores e non na creación dunha propia iconografía. Singularidade ten nese ámbito a casa galega D-DUE, quen ven de desenrolar o comercio das súas coleccións na prestixiosa rede de tendas de Comme des Garçons, ti tipo do Dover Street Market. Neste caso un deseño único e dentro dunha tendencia cool do mercado, abreu o mercado xaponés a esta empresa de Rianxo.
Aínda un novo valor, o literato modisto, Gonzálo Vázquez, ven de presentar a súa nova colección de verán, cun talento e un estilo radicalmente inspirado na contemporaneidade. Unha mezcla de apariencia literaria que se pode ver na súa páxina on line cunha enorme calidade de imaxe e deseño. Pero, o esforzco creativo resulta amputado cando se refire á distribución, financiamento e producción da roupa. Todo depende do xenio do modisto. Para que o deseño resulte chave de futuro, debe ir acompanado dun plan de inspiración na tendencia da época e nun respaldo comercial e financiero.
Román Padín Otero