jueves, 27 de febrero de 2020

As artes transversais. FV 27.2.2020










    
As artes transversais
   
Cada época agocha formas de expresión e movementos artísticos que son o espello dese tempo. A cultura no século XXI atopa na interdisciplinariedade e na reunión dos creadores nos movementos transversais o seu zeitgeist. Co gallo da tempada de feiras de arte nacionais e internacionais, un cumio de artistas e espazos serven nos guían pola creación de hoxe. 
O filósofo Gilles Lipovetsky explica que nos nosos días estamos rodeados de obxectos deseñados, todo canto temos de redor está concibido esteticamente para cumprir unha función tradicional ou desenrolar unha nova actividade. Nas artes e fora delas se procura traspasar as barreiras clásicas ou académicas, tanto nas temáticas como na execución. 
Atopamos pintura máis alá da pintura ou fora do lenzo, a escultura se presenta sen pedestal, a arquitectura é sostible, a moda é de vangarda, hai soportes dixitais para todo, e a imaxe en movemento é perenne.
Neste mesturado postmoderno ou hipermoderno das artes e a cultura, hai dous eidos incorporados polos artistas a nivel global, que resultan moi representativos da nova estética colaborativa e transversal. O téxtil e a cerámica captan o espírito dos tempos actuais.
Esta nova escena integradora de técnicas se aprecia a nivel internacional (Joana Vasconcelos, Edmund de Waal, Craig Green) e nacional onde un grande grupo de artistas que empregan de cotío o téxtil, a louza, a cestería, a xastrería, os nodos, os materiais febles para representar o seu discorso.
Chelo Matesanz (Reinosa,1964) fai pezas verticais, cadros ou pendóns, de gran formato con técnicas mixtas, nas que destaca o traballo de costura, como no monumental Peliqueiros do ano 2007 feito en pespunte sobre tecido que mide tres metros de alto e longo. Noutras obras como Credulia, exposta no ano 2018 na galería Espazo Olvera, combina o barro esmaltado, madeira e tela para unha peza de gran formato. No Drawing Room deste ano, presenta traballos ca galería sevillana. Esta artista e profesora de artistas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten aplicado o téxtil e a cerámica nas súas creacións, construíndo un discurso ó longo dos anos, poliédrico, procesual, intelectual, humorístico, evidentemente feminista.        
Outro mestre de mestres na Universidade de Vigo é Nono Bandera (Málaga,1958), que pinta e recolecta imaxes e obxectos encontrados para incorporalos a cadros, xerros, cráteras, esculturas, tecidos e varia. En Desayuno en la hierba no ano 2018 na galería Espacio Mínimo, había pezas cerámicas e pinturas que desenrolaban un discurso de trampantoxo, ironía e sátira, realidade e ficción das imaxes. Nos Nuevos jarrones black and white que presenta na mesma galería, en Arco neste 2020, combina a cerámica coa pintura, en formas grecorromanas postmodernas e estampacións xeométricas.
Atopamos asemade artistas que teñen incorporado o téxtil e a cerámica á súa bagaxe. Mauro Trastoy, premio Díaz Pardo da Deputación da Coruña 2019, presenta na galería Marisa Marimón, cadros e obxectos feitos con procesos de bordado, tecido, cosido. Toda unha produción de arte téxtil que dialoga ca pintura expandida ou postpintura. En Just Mad deste ano, está coa galería ourensá compartindo espazo con Tamara Feijoo, quen presenta uns debuxos de grafito sobre táboa. Esta artista desenrola asemade unha actividade como ilustradora de tecidos.  
O colectivo Formabesta, formado por Salvador Cidrás e Juan Cidrás, exploran os extremos do téxtil e da cerámica dende unha perspectiva escultórica. Na galería Casado-Santapau que está en Arco 2020, presentan traballos onde trocan relacións espaciais e incorporan novas texturas.
Christian García Bello ten sido seleccionado no IV Premio Cervezas Alhambra e presenta o froito da súa proposta na feira Arco deste ano. Baixo o título Almuqárbas, fai un achegamento contemporáneo ó  mocárabe (o elemento decorativo árabe composto de prismas xustapostos). A peza de porcelana patinada e policromada, está feita en colaboración coa ceramista Verónica Moar, e se orixina pola inspiración da arquitectura da Sala Dos Hermanas, Palacios Nazaríes da Alhambra de Granada.     
Moda interdito á Arte
Outros artistas desenrolan o seu espazo creativo apoiados na moda. Sheila Pazos, ten feito entre outras propostas a colaboración co fotógrafo Eugenio Recuenco na serie de fotografías 365 que está recolleita nun catálogo e se expuxo en Madrid e Berlín.
Melania Freire foi premio Ego MBMFW 2019 coa súa colección Me Compré una Postal de David Hockney na que presentaba unhas siluetas con estampados feitos a partir de cadros e memorabilia do famoso pintor británico. Ten participado como directora de arte no filme Longa Noite de Eloy Enciso, premiado e aclamado internacionalmente.
O deseñador José Cortizo fora premiado Debut Esdemga 2017, participou na GraduateFashionWeek e propón na súa web as súas creacións case que fortunescas baixo o nome Cortizostudio.
A moi recoñecida firma Loewe conta nas súas coleccións con traballos en cestería de Idoia Cuesta, os seus obxectos, bolsos, cestos son pezas de arte sempre a dispor por medio das webs da casa de luxo e a da propia creadora.
Son asemade salientables as creacións téxtiles de Sara Coleman que se expuxeron recentemente na fundación RAC de Pontevedra. Os traballos do corpo cyborg de María Castellanos e Alberto Valverde, que veñen de verse no salón Première Vision París. As esculturas febles de Román Corbato, que estiveron hai pouco na Cidade da Cultura.
Os traballos destes artistas poderán verse nas galerías e Feiras de Arte 2020 en Madrid no mes de febreiro e marzo, e nas páxinas web dos creadores e galeristas.
Román Padín Otero

Zeus y amor. Un señor que borda.

Zeus y amor. Un señor que borda. Algodón y lino. 470cmx250cm.2020.

























sábado, 22 de febrero de 2020

dibujos bloom

Bloom es un club gay de baile y copas en Santiago, se inauguró en 2014, suele ser muy fascinante. Dibujos de lápiz de colores, bolígrafo, sobre papel 30x20cms 2020.