sábado, 25 de abril de 2020

Where have all the flowers gone? A moda logo das crises







Onde se foron as flores. A moda en tempos de crise
Neste tempo de inquedanzas baixo o signo saturniano da crise sanitaria vivimos confinados nas casas sen unha certidumbre do porvir. Pero hai que afirmar que malia a dureza das épocas sempre hai no remate do camiño unha alborada, unha luz. Estas liñas dedícanse habitualmente á moda, vexamos daquela cómo se reflicten no vestir os tempos de crise e que pasa logo do diluvio.  
A peste negra no século XIV matou a 75 millóns de personas dos 200 que tiña o continente europeo.  Italia veu florecer logo dos tempos da peste, as súas manufacturas. Pois as moitas herdanzas provocadas polos desgraciados pasamentos blandidos pola peste, deu en colocar nas mans dos pervivintes inxentes capitais líquidos. Houbo gran demanda de bens suntuarios e sobre todo de indumentaria. A moda trocou en opulente con traxes cerimoniais de longa cola e tecidos suntuosos para as donas e prendas axustadas para os cabaleiros.
 Non rematara aínda a primeira guerra mundial cando a pandemia da gripe española entre 1918 e 1921 matou a máis de cincuenta millóns de personas. A devastadora epidemia e a contienda bélica non anularon os ánimos cara o futuro, e novos usos e costumes derivaron daquelas ciscunstancias. Cos homes na guerra foron as mulleres as que se encargaron de todo, e tiveron que declinar os ríxidos traxes da Belle époque en favor de roupas máis modernas e sinxelas.
Entre as dúas grandes guerras houbo nese tempo dos loucos anos vinte, unha expansión social, cultural, económica que quedaba simbolizada no gatsby e na flapper. Vestían as donas cunha silueta tubular, abandonando a faixa e levando cabelos curtos á la garçonne. Os homes con traxes máis lixeiros, con sombreiro borsalino e zapatos spectator de duas cores. Os toulos vinte como o bolero de Ravel foron unha deliciosa repetición ad infinitum de viño e rosas truncada pola débacle de 1929 e pola guerra civil en España.
A guerra española deixou na memoria sangrante o cadro Guernica de Pablo Picasso. A guerra mundial escenificada no seu remate nos terroríficos xuizos de Nüremberg deixou latente a necesidade de se desperezar da escasez. No 12 de febreiro de 1947 o señor Christian Dior presentou en Paris a silueta corola bautizada pola periodista do Harper´s Bazaar, Carmel Snow, como new look. Aquela roupa enfaixada foi o soño de tódalas mulleres e a envexa de tódolos homes, con saias de infinitos metros de tecido e fantasía.
Outra crise foi a producida pola guerra do Vietnam que atopou resposta no movemento de liberdade, paz e amor e o flower power. A moda psicodélica, a moda unisex, os materiais procedentes de lugares exóticos como a India ou Nepal, foron o espírito da época tal e como se pode ver no musical Hair.
Non hai ledicia que dure sempre e na década dos oitenta a crise humanitaria provocada polo SIDA truncou o estilo de vida de amor libre peace and love da década hippie. A sociedade artística, intelectual, a comunidade gay internacional asistiron impotentes á morte e enterramento de moitos dos seus máis senlleiros persoeiros. Logo a epidemia asolou África, América, Europa, o mundo enteiro. Na loita reivindicativa contra a enfermidade e a procura de menciñas o movemento ActUp forrou o obelisco na Praza da Concordia de París cun condón xigante de cor rosa. A reacción da sociedade foi o conservadurismo, a reacción da moda foi o minimalismo, e o desaliño co grunge. Jean Paul Gaultier deseñou traxes como fundas en latex, coiro e goma a modo de protección metafórica do corpo fronte a un virus que matou xa a 39 millóns de personas.
Despois a estética do porn chic publicitada por Tom Ford ó fronte de Gucci e Gianni Versace, na firma homónima sacudiu as morales con corpos espidos e provocación sexual. A festa foi do liberalismo capitalista e o bling bling foi interrumpida polo 11S no ano 2001.
O mundo dende entón vive nunha pantalla global grand écran na que se proxectan guerras, hambrunas, xenocidios, expatriados, deportados, marxinados, refuxiados, catástrofes naturales e nucleares, asesinatos en masa e calentamento global. A levedade do capitalismo estético traduce ese cumio de dramas en tímidas medidas de corte mercantil, esencialmente cara a sustentabilidade e dereitos humáns, Esas medidas non parecían suficientes mais tornaron en bisoñas coa chegada do  Covid-19.
A moda da alerta
A crise provocada polo coronavirus está reflectida nos eidos sanitario, social, económico. Polo sanitario vivimos confinados nunha telerealidade distópica. Os eidos económico e social están trastocados por medidas suspensorias, dilatorias, de apoio e mesmo transformación. Hai debate por unha renda mínima e loita por garantir a pervivencia de sectores coma o  turístico, de servizos e industrial. Hai certidumbre do golpe letal ó groso da economía media media.
Mentres, o sector do luxo vive horas de bonanza, a casa francesa Hermés nunha das súas tendas en China, facturaba dous millóns e medio de euros nun día. E as galerías de arte contemporáneo facturan millóns en cadros de pintores vivos americanos e alemáns. O sector do luxo digamos que pasará de líquido a gaseoso pero non esvaecerá. 
 Os mercados de élites e medio medio e de gran consumo van ter que actúar en estratexias constantes de alerta. Atenderán ó xigantesco mercado chino pero tamén teñén obriga de considerar outros canles e países. Se buscará outra franxa xeracional de clientes, se aproveitará o fornecemento e as vendas de cercanía, cunha procura do emprego de novos materiais e sustentabilidade. Cultura inclusiva e establecemento de novos retos serán prioritarios, e haberá que abrirse a novos países participantes no intercambio mercantil e cultural. 
Moi importantes na manufactura son os materiais, dárase prioridade ós textiles e productos que garanten protección antibacteriana ou sexan autolimpiables. Os que están feitos con membranas de carbón ou son regulables térmicamente, con alertas de protección e mesmo que repelan insectos ou que se apoien en metáis como a prata que é antimicrobiana.
O sector do luxo se agrandará, algúns axentes desparecerán ou adoptaran extratexias máis elitistas. O sector de gran consumo sufrirá fluctuacións. Subida de prezo medio e pequenas modificacións evolutivas cara o produto ecolóxico e circular. E o sector medio sufrirá un forte golpe que levará a moitos axentes a desaparecer, outros a loitar e ós máis afortunados e millor posicionados a transformarse para seguir adiante.
O artista Jim Hodges fixo unha peza no ano 2004 na que se leía en tódolos idiomas do mundo a frase don´t de afraid. Non teñas medo.
Román Padín Otero